Pois si lectores, chegou o momento de despedirse deste blog, ou igual non, polo menos a nivel académico decimos adeus a uns meses nos que adquirimos moitos coñecementos aplicables a aula de educación primaria, co obxetivo de mellorar ou fomentar a motivación dos alumnos e alumnas.
En primeiro lugar, querría agradecer as miñas compañeiras polo seu esforzo e traballo, que fixéronme crer nalgúns momentos que non era unha tarefa, simplemente amigos que facían debuxos, videos, xogos para o noso desfrute. Tamén, agradecer ao profesorado polas explicación e axuda para a elaboración do proxecto.
Destacar que os primeiros días non tomávamos esta asignatura "en serio", pero ben certo é que nalgúns momentos chegamos a non saber que facer e o tempo agotábase, sendo mais complexo do esperado.
Ata sempre Camiñantes e Camiñantas !!!!!!
viernes, 10 de mayo de 2019
Chegamos a Santiago, fin do camiño!
Pois sí camiñantes e camiñantas, parecía un camiño tan longo, e agora, case sen decatarnos chegamos a Santiago! Tomemos isto como unha metáfora para dicir que chegou o fin desta gran experiencia.
Despois de moitos agobios, e moitos nervios creo que chegou o momento de dicir ata sempre. Teño que admitir que vos vou botar moito de menos.
Nós (Eva, Dani e Nerea), eliximos a temática do Camiño de Santiago porque pensamos que era importante ensinar a nenos e nenas de Educación Primaria a importancia que ten, tanto a nivel simbólico como vital.
Botando a vista atrás, e ollando o que fixemos, estou moi orgullosa do proxecto que sacamos adiante (sempre coa axuda das docentes que imparten esta materia), xa que isto era novo para nós. O ben que conseguimos encadrar a temática, creo que nos axudou máis a nós que a moitos dos/as lectores/as que puidesemos ter ao londo deste camiño. A todos vós, esperamos que vos axudara tanto ou máis que aos que fixemos este proxecto.
Isto tamén nos uniu como grupo, os compañeiros que conformamos o grupo Nós agora estamos máis unidos que nunca, axudámonos e apoiámonos para conseguir rematar o camiño xuntos. Eu non sería nadie sen Eva e sen Dani!
De novo dar as grazas a todos e todas as persoas que pasástedes a formar parte desta aventura, apoiándonos e vendo todas as publicacións que íamos poñendo con interese.
Grazas a estes traballos a nosa carreira merece máis a pena, aumenta as nosas ganas de ser docentes o día de mañá e de disfrutar facendo o traballo que nos gusta.
Querémosvos e querémonos moito camiñantes e camiñantas!
E por fin chegamos a Santiago...
Ola camiñantes e camiñantas!
É increíble pensar que esto chegou ao seu fin, despois dun longo camiño xunt@s que a verdade, para min fíxome demasiado corto, uns cos outros conseguimos chegar ao final do camiño.
Nun primeiro momento, é de confesar que nunca me imaxinei tendo un blog, e moito menos xunto aos meus compañeiros, facendo publicacións semanais e traballando un tema (que me gustou moito e do cal aprendín moitas cousas que descoñecía), o camiño como ben dixen foi longo e en moitos momentos pareceume difícil, pero grazas á axuda dos meus compañeiros e das docentes, o camiño fíxose máis ameno.
Grazas a este proxecto aprendimos a importancia que teñen os recursos TIC para traballar na aula, así como o necesario que é un bo uso e unha boa formación en relación coas novas tecnoloxías como futura docente.
Moitas grazas por acompañarme a min e aos meus compañeiros ao longo do camiño, día tras día, estamos moi contentos de que vos gustara!
PROXECTOS EXPOSTOS
Despois da realización da nosa exposición e da visualización das exposicións do resto dos nosos compañeiros e compañeiras chegamos a diversas conclusións:
En primeiro lugar, querríamos destacar que en xeral todos os grupos realizamos un bo traballo, aínda que nalgúns casos o proxecto escollido non quedaba claro, xa que por exemplo no caso da PDI non se interactuaba con ela ,que era do que se trataba neste caso.
Por outra banda, destacar que temos que ir desenvolvéndonos mellor nas exposición en público, xa que como futuros docentes é o que teremos que facer día a día, pero sobre todo nas exposición temos que ir desfacéndonos dos apuntes ou follas polos que leemos, xa que da unha imaxe de que non temos dominio do tema.
En xeral, pensamos que tódolos grupos utilizaban un ton de voz adecuado, pero o que mais nos abraiou foron as temáticas escollidas como a igualdade, a importancia da saude e cuidarse a un mesmo, intelixencia emocional ou sobre a cultura galega. Temáticas moi variadas e enriquecedoras , que axudarán aos nenos e nenas no seu aprendizaxe.
Esperamos que vos gustase a opinión dos proxectos!! Ata a próxima.
Recursos de apoio para a exposición
Ola!!
Hoxe volvemos a publicar unha nova entrada, cunha maior presión e rapidez, dándonos de conta que esto está chegando ao seu fin.
Nesta entrada, mostrarémosvos a presentación que realizamos para poder mostrarlles aos nosos compañeiros e compañeiras, xunto coas docentes da materia, o noso proxecto dixital da PDI.
Para realizar a presentación, empregamos a ferramenta PowerPoint como recurso de apoio para a exposición de aula. Ademais, este recurso permitiunos poder mostrar de maneira atractiva e visual, como realizariamos as diferentes actividades realizadas ca PDI.
Se queredes descubrir como é a presentación e a información que podedes atopar no seu interior, soamente tedes que facer click na seguinte imaxe!!
Que vos parece o resultado??
Esperamos as vosas respostas e vémonos na seguinte entrada camiñantes e camiñantas!
Informe Proxecto Final
Ola a tod@s!
Despois de realizar a exposición do Proxecto PDI na nosa aula da universidade, queremos que vexades o informe de práticas.
Nel explicamos de maneira xustificada o motivo da elección da temática, neste caso, do Camiño de Santiago. Contextualizando o propio proxecto dentro do centro elixido ou grupo de idade, entre outras moitas cousas.
Ademais, dentro do informe podedes atopar as diferentes actividades que vos ensinamos ao longo da creación do blog e de estas mesmas. Atoparánse explicadas unha a unha cada unha das tarefas, coas súas características.
Finalmente, tamén haberá unha breve conclusión en relación ao proxecto e ao grupo, na cal tamén voltamos a vista e nos damos de conta do rápido que pasa o tempo, pois parece que foi onte cando comezamos este camiño xunto con cada un de vos.
Adxuntamos o arquivo para que o poidades ver.
Un saúdo camiñantes e camiñantas!
martes, 7 de mayo de 2019
Creamos actividades interactivas!
Hola rapazas e rapaces!
Vou a mostrarvos o que teño hoxe. Estiven creando unha serie de actividades interactivas sobre o tema do Blog (o camiño de Santiago), pero centrándome nas emocións.
En primeiro lugar utilicei a "educaplay", unha ferramenta que permite realizar e avaliar actividades on-line.
As súas actividades que creei foron:
Vou a mostrarvos o que teño hoxe. Estiven creando unha serie de actividades interactivas sobre o tema do Blog (o camiño de Santiago), pero centrándome nas emocións.
En primeiro lugar utilicei a "educaplay", unha ferramenta que permite realizar e avaliar actividades on-line.
As súas actividades que creei foron:
- Un crucigrama: esta actividade consiste en ler e atopar a palabra agochada en cada definición ata completar o crucigrama. Esta é unha boa actividade para aprender a diferenciar os tipos de emocións que podemos vivir durante o camiño.
- O vídeo Quiz: consiste na proxección dun vídeo sobre as emocións e da posterior resposta a unha serie de actividades, realizadas para demostrar que o contido foi entendido.
Para a seguinte empreguei a ferramenta "Constructor 2.0", unha web creada pola xunta de Extremadura para que os/as docentes poidan facer actividades interactivas que utilizar na aula.
Con ela fixen o xogo do Aforcado, para que os/as máis pequenos/as aprendan pero se poidan divertir.
Por último utilicei Jigsaw Planet para darlles un descanso e que poidan resolver o puzzle de 45 pezas que lles deixamos a continuación.
Espero que o pasedes ben realizando estas actividades!
Un saúdo meus pequeniños e miñas pequeniñas!
domingo, 5 de mayo de 2019
Crea as tuas actividades para traballar na PDI
Hola a todos e todas, hoxe traémosvos ferramentas e actividades para a aula!!
Educaplay é unha plataforma que permite crear actividades educativas multimedia, como por exemplo adivinanzas, ditados, crucigrama, etc. Unha boa ferramenta para que os estudantes aprendan xogando.
Realmente o importante desta plataforma é o uso do profesorado, xa que se o docente activa a súa imaxinación e acordo cos contidos da aula, permite que o alumnado aprenda ducha forma divertida.
Con Educaplay realizamos duas actividades:
Educaplay é unha plataforma que permite crear actividades educativas multimedia, como por exemplo adivinanzas, ditados, crucigrama, etc. Unha boa ferramenta para que os estudantes aprendan xogando.
Realmente o importante desta plataforma é o uso do profesorado, xa que se o docente activa a súa imaxinación e acordo cos contidos da aula, permite que o alumnado aprenda ducha forma divertida.
Con Educaplay realizamos duas actividades:
- Ruleta de palabras - consiste nun rosco de palabras relacionado cos seres vivos que podemos atopar durante a realización do camino de Santiago. Esta actividade permitiría a realización da seguirte estrategia cooperativa. Supoñendo que a aula conta con 24 alumnos e alumnas, faríamos 6 grupos de catro, poñeríamos na PDI o rosco e por grupos deberían adiviñar a resposta correcta. Preme na imaxe e accede a actividade:
- Relacionar- Consite nunca actividade na que teñen que relacionar un dos reinos dos seres vivos cos propios seres vivos, como animais ou plantas. Preme na imaxe e accede a actividade:
A seguinte ferramenta que empregamos foi www.jigsawplanet.com , permítenos crear puzzles con diferentes imaxes. Neste caso escollimos unha da catedral de Santiago de Compostela. Consideramos que os Puzzles son unha actividade ca que fomentamos a autoestima, a imaxinación, a concentración, a visión espacial e habilidades matemáticas. Preme na imaxe e accede a actividade :
A última ferramenta escollida é educima.com, plataforma que permítenos crear crucigramas, sopa de letras e cuantiosas actividades máis. Ademais, podemos imprimir posteriormente se non queremos facer a actividade de forma interactiva na PDI. Preme na imaxe e accede a actividade:
sábado, 4 de mayo de 2019
Actividades para realizar na aula!
Hola a todxs!
Hoxe traio conmigo un par de actividades, relacionadas co Camiño de Santiago, para empregar como recurso para a aula. Aínda que tamén, ao ser interactivas, o alumnado pode realizalas individualmente ou en familia no seu fogar.
Para realizar estas primeiras actividades, empreguei como ferramenta "educaplay". Esta é un portal de Internet, a cal permite realizar sinxelas actividades e evaluación de forma on-line e que permite integrar outras ferramentas en línea.
Os dous modelos de actividades creados foron os seguintes:
- Ditado: esta actividade consiste en escribir de forma exacta o texto que se redacta no audio da actividade. Nestecaso, o texto que terán que realizar os alumnos e alumnas é sobre a lenda da pantasma da Quintana. E, a partir dela, contestarán ao Quiz de Kubbu, para observar se o contido foi entendido correctamente.
- Relacionar mosaicos: esta actividade permite ao alumnado relacionar os elementos explicados anteriormente sobre o Camiño de Santiago. Ademais, nalgúns casos pode darse a situación de que algúns destes elementos non fosen explicados, polo que obrigará ao alumnado a ter que razoar a súa resposta. É un divertido xogo no que se aprende a relacionar unha determinada fotografía cunha definición desta. Con todo, esta actividade poder ser realizada con facilidade dentro do proxecto elixido, é dicir, é unha actividade que pode ser fácilmente realizada en grupos ou individualmente a través da Pizarra Dixital Interactiva. Ademais, amén pode servir como actividade complementaria para o alumno ou alumna repase o aprendido ou aumente os seus coñecementos sobre o tema a tratar.
Para as seguintes actividades, empreguei outras dous ferramentas diferentes:
A segunda ferramenta empregada foi "Kubbu", a cal é un xerador gratuito de crucigramas, cuestionarios... Son actividades didácticas que permiten trasladar o papel ao traballo online, polo que é moi útil para o seu emprego virtual.
- Slider: é unha especie de "quiz" dinámico que contén tres tipos de actividades. Neste caso, as preguntas do test estarán relacionadas ca actividade anterior do ditado, pois a partir desta, o profesorado poderá ver se o alumno/a prestou atención ou non á actividade e se comprendeu o seu contido, así como os diferentes conceptos tratados.
Por último, a derradeira ferramenta empregada foi www.jigsawplanet.com co obxectivo de realizar un puzzle, neste caso, relacionado cos seres vivos que podemos atopar durante o Camiño de Santiago. É un puzzle que se pode realizar fácilmente na aula a través da Pantalla Dixital Interactiva (PDI), polo que é moi boa idea o seu emprego para levar a cabo o noso proxecto.
miércoles, 10 de abril de 2019
Aprende Xogando !
Ola a todxs !!
E se facemos un xogo? Que vos parece traballar o Camiño con robots? Parece irreal!!
Deixámosvos aquí un pequeno tutorial sobre como realizar esta actividade na aula, preme na imaxe e o contrasinal é camiña.
E se facemos un xogo? Que vos parece traballar o Camiño con robots? Parece irreal!!
Deixámosvos aquí un pequeno tutorial sobre como realizar esta actividade na aula, preme na imaxe e o contrasinal é camiña.
martes, 9 de abril de 2019
Crea o teu videoclip músical !!
Bos días, boas tardes e boas noites, dependendo do momento do día no que estés lendo isto!
Hoxe traémosvos unha nova actividade moi divertida e lúdica para traballar cos máis cativos e cativas: a realización dun videoclip!
Non é tarefa sinxela, non soamente teredes que saber cantar, senón compoñer a letra acerca do Camiño de Santiago, así como as emocións e sentimentos que poderedes vivir no traxecto.
Nós xa fixemos o noso, queredes velo? entre no seguinte enlace premendo na imaxe, o contrasinal é camiña:
miércoles, 3 de abril de 2019
Os símbolos do Camiño !!
Ola!! que tal estades, traémosvos un novo recurso para utilizar na aula, esta vez un video co que podedes traballar os diferentes símbolos que atoparedes no camiño e os diferentes sentimientos para coñecerse a un mesmo .
Preme na imaxe para visualizar o video, o contrasinal é camiña:
Preme na imaxe para visualizar o video, o contrasinal é camiña:
A nosa WebQuest !!
As WebQuest son un conxunto de actividades de aprendizaxe que se levan a cabo empregando recursos de Internet preseleccionados polx docente, de maneira que o/a estudante se enfoque no uso dos recursos e non da busca.
Polo tanto, o valor pedagóxico das WebQuest é recoñecido por moitxs docentes ao arredor do mundo.
Hoxe traémosvos unha WebQuest na que se desenvolve unha tarefa atractiva que parte de diferentes recursos atopados en Internet, a cal esperamos que realicedes dunha forma dinámica e divertida.
Deixámosvos o enlace. Preme na imaxe seguinte:
miércoles, 20 de febrero de 2019
Póster Interactivo!
Ola a tod@s!
Esta vez estamos os tres xuntos para presentarvos o noso póster no cal podedes atopar diferentes ferramentas para interactuar cos vosos alumnos e alumnas na aula.
Neste póster, ademais, podedes atopar un código Qr para que podades entrar en calquer momento no noso blog e unha nube de palabras na que se ampliades se poden observar os diferentes obxectivos que queremos facervos chegar.
Esperamos que vos guste.
Ata a próxima!!
Búsqueda de recursos!
Hola camiñantes e camiñantas!
Hoxe toca dar paso a unha nova entrada esta semana, neste caso, proporcionareivos distintos recursos atopados tras unha longa búsqueda.
Estos recursos, os cales pódense complementar fácilmente co proxecto PDI mencionado en entradas anteriores, os empregariamos co noso alumnado dentro da aula co obxectivo de fomentar o seu interese e a súa motivación, á vez que permitiríamos incrementar a perspectiva participativa e interactiva das nosas alumnas e alumnos.O primeiro recurso que atopei foi un libro dixital de nome “Sophie en el camino”, no que a pequena protagonista narra a súa propia experiencia de maneira didáctica, a medida que mostra as distintas etapas do camiño. Por tanto, permite coñecer as diferentes etapas do camiño, así como unha experiencia propia, neste caso da protagonista do libro. Todo esto, ao mesmo tempo que permite que o alumnado, a medida que aumentan o seu coñecemento, interactúen e participen grazas ao empreo da pantalla dixital interactiva. Considero que este é un bo recurso, pero debido a su extensión, é necesario dividir as etapas do libro en semanas, co obxectivo de fomentar o interés. Tamén confío en que será atractivo para os alumnos e as alumnas interactuar co libro a partir do emprego de dito recurso a partir da pantalla dixital.
En canto o segundo recurso, foi tamén un libro a partir do cal coñeceremos información acerca das lendas, así como dos contos que se narran sobre o Camiño de Santiago. Permite así, coñecer ampliamente curiosidades acerca deste. Este libro, ao contrario do anterior, non é interactivo pero sí permite a súa lectura e visualización global a partir da pantalla dixital interactiva. Por tanto, este libro permite levar a cabo o noso proxecto inicial, pois se pode mostrar na pantalla dixital interactiva, permitiendo así que o alumnado realice a lectura de dito libro en voz alta e participe activamente na actividade proposta. En resumen, é un libro que permite ao alumnado coñecer diferentes lendas e contos acerca del camino, o que puede aumentar a súa interese por el tema. Además, fomenta o gusto pola lectura non soamente dentro da aula, senón tamén fóra dela.
Finalmente, o terceiro recurso é un blog "¡Hacemos el Camino de Santiago!" dunha mestra de Educación Física no C.P. Ntra. Sra. de Fátima de Molina de Segura, Murcia, que presenta un artículo destinado a unha sesión para primaria, donde o eixe conductor é O Camiño de Santiago, pretendendo aficionar ao alumno/a na práctica de actividades na natureza para que ocupen o seu tempo libre, mantendo relacións de colaboración e igualdade cos demais. As actividades que contén este recurso poden ser realizadas no proxecto elexido, pois a sopa de letras, por exemplo, pode ser visualizada e realizada a partir da participación do alumnado coa pantalla dixital interactiva. Esto permite a participación e interacción activa dentro da aula, complementando estas actividades con outras realizadas individualmente. Por tanto, este blog permite un fácil acceso para o alumnado, además de que contén interesantes actividades como unha sopa de letras, unha breve obra de teatro, puzzles, entre outras moitas. Esto da lugar a que o contido incremente a participación dos nenos e nenas así como o seu interese no tema e o seu contacto co medio físico. Cabe destacar ademais que a valoración global deste recurso é bastante positiva, pois permite dividir as distintas actividades en diversas sesiones.
Espero que vos sirva de axuda para aumentar o voso coñecemento acerca do Camiño de Santiago. Non dudes en coñecer máis sobre o camiño da vida camiñante e camiñanta.
Vémonos moi pronto!!
Recursos para facilitar o noso camiño!
Hola meus pequeniños e miñas pequeniñas, hoxe toca explicar os recursos que decidín utilizar, ben porque me pareceron atractivos e dinámicos, así como interesantes para traballar na aula.
En primeiro lugar elexín unha páxina web a través da cal traballamos as diferentes asignaturas do curso a través do camiño de Santiago. Isto é algo moi positivo na aula xa que a dinámica da clase cambiaría totalmente e os nenos e nenas poden experimentar o camiño sen perder o ritmo das asignaturas.
A continuación, trataremos un mapa didáctico a través da PDI, a través do cal os alumnos e as alumnas poden coñecer as diferentes rutas do camiño, así como algunhas experiencias vividas e outros aspectos importantes como a arte. É un recurso importante, xa que aumenta as ganas de coñecemento dos nenos e nenas, e o seu interese sobre o tema a tratar. Trátase dun recurso dinámico, e os cativos e cativas disfrutaran iso, xa que así poden despexar un pouco da clase monótona de contidos á que están acostumados.
Por último, escollín un caderno de traballo que contén actividades diversas sobre a temática do camiño e que motiva a participación do alumnado na aula, a través del poden reforzar a comprensión lectora entre outros ámbitos lingüísticos e sería un gran recurso para usar a pizarra dixital, tanto para a lectura dos textos como para a realización de actividades, o que motivaría en gran medida a súa utilización debido ao entusiasmo e á dinámica que contén.
E con isto remata esta entrada, espero que vos guste tanto como a min estes recursos e que sigades con unhas ganas enormes de camiñar con nós!
Moitos biquiños meus pequeniños e miñas pequeniñas.
En primeiro lugar elexín unha páxina web a través da cal traballamos as diferentes asignaturas do curso a través do camiño de Santiago. Isto é algo moi positivo na aula xa que a dinámica da clase cambiaría totalmente e os nenos e nenas poden experimentar o camiño sen perder o ritmo das asignaturas.
A continuación, trataremos un mapa didáctico a través da PDI, a través do cal os alumnos e as alumnas poden coñecer as diferentes rutas do camiño, así como algunhas experiencias vividas e outros aspectos importantes como a arte. É un recurso importante, xa que aumenta as ganas de coñecemento dos nenos e nenas, e o seu interese sobre o tema a tratar. Trátase dun recurso dinámico, e os cativos e cativas disfrutaran iso, xa que así poden despexar un pouco da clase monótona de contidos á que están acostumados.
Por último, escollín un caderno de traballo que contén actividades diversas sobre a temática do camiño e que motiva a participación do alumnado na aula, a través del poden reforzar a comprensión lectora entre outros ámbitos lingüísticos e sería un gran recurso para usar a pizarra dixital, tanto para a lectura dos textos como para a realización de actividades, o que motivaría en gran medida a súa utilización debido ao entusiasmo e á dinámica que contén.
E con isto remata esta entrada, espero que vos guste tanto como a min estes recursos e que sigades con unhas ganas enormes de camiñar con nós!
Moitos biquiños meus pequeniños e miñas pequeniñas.
jueves, 14 de febrero de 2019
EXPLICACIÓN DOS RECURSOS
Bos días ou tardes a todos e todas, hoxe volto polo noso blog con máis novidades. A miña encomenda é amosarvos os recursos que empregaría cos máis cativos nas aulas de primaria, co obxetivo de fomentar o seu interese polo camino de santigo para poder coñecerse a si mesmos.
O primeiro recurso que empregaría é un blog que narra a historia do Camiño de Santiago adaptada para nenos e nenas, ademáis de conter información complementaria do camino como a Credencial de Peregrino ou a Compostelana, entre outros. Ademáis dentro de cada apartado ainda se encontra unha maior información que facilitará o seu coñecemento. Consideramos que este blog pode aportar novos coñecementos ao alumnado como comentamos, pero a sua vez pode provocar desinterés a causa da sua extensión, polo que é necesario realizar diversas actividades a partir do blog, convertindo a información en xogos que aumenten o interés do alumnado. Pódese acceder ao blog a través da pantalla dixital interactiva permitiendo ao alumnado a sua participación.
O segundo recurso, é un video informativo sobre os diferentes símbolos que podemos atopar ao longo do camiño, como a cuncha, o bastón ou a compostelana. Considero que é un bo vídeo, no que a través de debuxos explica un contido que pode ser atractivo para os nenos e nenas. Ademáis é importante que coñezcan os diferentes símbolos para recoñecer durante o camiño a dirección ou puntos importantes.
O terceiro recurso é unha app que nos permite facer o camiño virtualmente. Fusiona ficción e documental en formato de guía interactiva, grabada en entornos espectaculares. Dende a pizarra dixital o alumnado descubriría de “primeira man” as realidades do camiño e as posibilidades e vantaxas que ten.
martes, 12 de febrero de 2019
A PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA (PDI)
Hola camiñantes e camiñantas!
Nesta nova entrada realizarei unha breve reflexión do proxecto elexido para levar a cabo o blog, neste caso como ben indica o título "A pizarra dixital interactiva". Para iso, contei co apoio de diferentes recursos os cales me aportaron a información necesaria para valorar a importancia do emprego deste proxecto dentro das aulas.
Nun primeiro momento, pódese definir o concepto de "Pizarra Dixital Interactiva" como ao conxunto tecnológico formado por unha pantalla táctil, un ordenador y un proxector que permite o seu uso interactivo nas aulas dos colexios, e a súa vez, a visualización global dos contenidos.
Nun primeiro momento, pódese definir o concepto de "Pizarra Dixital Interactiva" como ao conxunto tecnológico formado por unha pantalla táctil, un ordenador y un proxector que permite o seu uso interactivo nas aulas dos colexios, e a súa vez, a visualización global dos contenidos.
Por tanto, tras visualizar os recursos, atopei diversas vantaxes á hora do emprego deste proxecto como por exemplo: permite proxectar os contenidos dixitales nun formato idóneo para a visualización en grupo, á vez que o alumnado pode interactuar directamente sobre a proxección, polo que consiste nunha superficie interactiva; os diferentes contenidos poden tratarse de xogos interactivo e didáctico relacionados cunha asignatura determinada; e ademais, o emprego da pizarra dixital interactiva permite unha enseñanza didáctica e dinámica, que fomenta a súa vez a participación e motivación do alumno ou alumna.
Por tanto, como podemos observar, a Pantalla Dixital Interactiva conta con variados beneficios, que axudan principalmente ao incremento do interés do alumno ou alumna e pode chegar a mellorar os resultados académicos, pois pode chegar a motivar ao alumnado á hora de realizar as tarefas propostas polo profesorado, así como exposicións, nalgúns casos. Sen embargo, para iso é necesaria unha boa formación do profesorado actual, ao mesmo tempo que tamén é necesario implantar estes proxectos nas aulas pois cpoden conseguer que as clases sexan máis fáciles e entretenidas para os rapaces e as rapazas.
A PIZARRA DIXITAL (PDI)
Despois de visualizar todos os contidos que se nos facilitaron para realizar esta entrada intentarei contar o que son, baixo o meu punto de vista, as vantaxes de usar a pizarra dixital nunha aula de educación primaria.
Pois ben, en primeiro lugar temos que falar do gran repertorio de actividades que poden realizar a través dela, como poden ser dende xogos, ata exercicios prácticos dalgunha asignatura impartida en clase. Os nenos e nenas terían a oportunidade de usala para realizar diversas tarefas que o/a docente lle ordenara, e así, dalgunha forma, mesturamos a tecnoloxía, tan importante hoxe nas nosas aulas, co tema referente que se esté traballando nese momento en clase.
Outra gran vantaxe que debemos destacar é o espírito motivador que conleva usar un aparello dixital como a PDI en clase, xa que fai que as horas de tarballo se fagan máis dinámicas e polo tanto menos pesadas para nenos e nenas de tan curta idade.
Polo tanto, podemos afirmar, que o uso da PDI nas aulas produce moitos beneficios, non só a nivel contidos, que son case inesgotables, senón a nivel motivación e aprendizaxe nos máis pequenos e nas máis pequenas.
Pois ben, en primeiro lugar temos que falar do gran repertorio de actividades que poden realizar a través dela, como poden ser dende xogos, ata exercicios prácticos dalgunha asignatura impartida en clase. Os nenos e nenas terían a oportunidade de usala para realizar diversas tarefas que o/a docente lle ordenara, e así, dalgunha forma, mesturamos a tecnoloxía, tan importante hoxe nas nosas aulas, co tema referente que se esté traballando nese momento en clase.
Outra gran vantaxe que debemos destacar é o espírito motivador que conleva usar un aparello dixital como a PDI en clase, xa que fai que as horas de tarballo se fagan máis dinámicas e polo tanto menos pesadas para nenos e nenas de tan curta idade.
Polo tanto, podemos afirmar, que o uso da PDI nas aulas produce moitos beneficios, non só a nivel contidos, que son case inesgotables, senón a nivel motivación e aprendizaxe nos máis pequenos e nas máis pequenas.
lunes, 11 de febrero de 2019
A PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA
Para realizar esta entrada, baseeime en diferentes recursos co fin de informarme sobre a elaboración e importancia dunha secuencia didáctica baseada na pizarra dixital interactiva.
É importante a diferenciación entre a PD e PDI, xa que a PDI permite unha interacción directa sobre a pizarra e editar actividades interactivas ou capturar imaxes.
Ademais, son moitos os beneficios que achega unha PDI na aula, xa que é unha fonte inesgotable de información, introduce canles de comunicación e interacción entre o profesorado e alumnado, máis motivador xa que son clases máis activas e audiovisuais. Con todo, a iniciativa da actividade que se realiza coa PDI tena o docente, aínda que o alumno responda as súas preguntas, pero presenta outras posibilidades como prescribir traballos de reforzo a algúns alumnos que o requiran ou mesmo responder preguntas en grupo.
Tamén consiste nun apoio fundamental nas exposicións dos alumnos, onde poden exemplificar as súas explicacións.
Tras diferentes investigacións comparando resultados con pizarra dixital, extráense diversas conclusións: como que é necesario asegurar unha boa formación do profesorado en didáctica coa pizarra dixital, xa que se é ben utilizada contribúe a mellorar as aprendizaxes dos estudantes en xeral.
miércoles, 30 de enero de 2019
Camiña con Dani!
Coñecémonos realmente? Eu sei que son Daniel Montes Rodríguez, nado en Tui e que estuda o Grao de Educación Primaria en Ourense.
Pero que é o que realmente me define?
Definirse é unha das tarefas máis importantes que emprende unha persoa,
consiste en coñecerse a sí mesmo, descubrir a mestura de cualidades que
fan única a unha persoa e diferente aos demais. Podemos dicir, que somos traballadores, honestos, sinceros, entre outras.
Pero, como chegamos a determinar estas cualidades sobre nós mesmos?
É dicir, como construimos o noso autoconcepto?
Vai ligado á autoestima, influida polas relacións cos demais. Este
autoconcepto vai mudando polas experiencias vividas ao longo das nosas vidas. Por iso, Eva, Nerea e máis eu, convidámosvos a coñecervos e coñecer á persoa que tedes ao voso carón a través do Camiño de Santiago.
O obxetivo fundamental deste traballo, é aprender a utilizar as novas
tecnoloxias para poder integrarlas nas aulas de primaria como ferramentas
de aprendizaxe, e asi sustituir o libro tradicional que todos nos aborrecíamos.
👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋👋
VÉMONOS NA SEGUINTE PUBLICACIÓN
Fuente: https://gph.is/1pfd3r8
martes, 29 de enero de 2019
Camiña con Eva!
Bos
días, boas tardes ou boas noites, dependendo do momento no que
estedes lendo a miña primeira entrada neste blog. Eu chámome Eva
Jiménez Díaz e nacín na pequeniña pero preciosa cidade galega,
Ourense e teño 18 anos. Estudo na Universidade de Vigo o grado de
Educación Primaria e atópome no primero ano de carreira, que por
agora, está sendo un ano cheo de emocións e experiencias novas, ano
onde ademais cada día doume máis de conta de que acertei de pleno
ca carreira e que cada vez queda menos para lograr o meu soño de
formarme e convertime en docente, unha labor necesaria para mellorar
o mundo a través do coidado dos meus futuros e futuras alumnas.
Nos
últimos anos, tras realizar varios estudos ao longo do Bachillerato,
aumentou a miña interese polo Camiño de Santiago, entre moitas
cousas, no tocante a súa historia. Sen embargo, o punto de partida
deste blog atópase no dito de que o Camiño de Santiago é o camiño
da vida.
E
por iso que, tras a pantalla dos vosos dispositivos, atopámonos tres
xóvenes estudantes que loitan por chegar a ser grandes docentes nun
futuro, esperemos que non moi lonxe, Nerea, Daniel e máis eu. Vós
vades ser partícipes dos nosos primeiros pasos e vades a ser unha
parte fundamental para que este blog teña o éxito que esperamos,
pois como ben indica o seu propio título, non buscamos soamente dar
a coñecer o Camiño de Santiago, senón que a partir do Camiño cada
unha das persoas que formamos parte deste blog, a medida que
camiñamos xunt@s e coñecemos datos novos datos sobre o camiño,
ampliamos o noso coñecemento sobre nós mesm@s, incluindo os nosos
sentimentos e emocións.
Por
tanto, a partir do camiño, buscamos dar sentido ás cousas que nos
rodean día tras día, comparando o Camiño de Santiago co Camiño da
nosa Vida.
Espero
que nos acompañedes ao longo da nosa aventura e vos guste tanto coma
a nós coñecernos xunt@s, camiñantes e camiñantas.
Camiña con Nerea!
Boas
tardes, son Nerea Salgado Ferreira, integrante do Grupo Nós xunto
con Eva e Dani. Somos tres personiñas que queremos amosarvos o valor
e os coñecementos que se poden acadar a través do Camiño de
Santiago.
Nacín
nunha pequena aldea de Ramirás, en Ourense, chamada O Pambre. Desde
pequena disfrutei do campo e das súas maravillas, aprendendo a vivir
dunha forma que hoxe en día, debido a que moitas aldeas desaparecen,
a maioría dos nenos non poden disfrutar.
Esta
é a primeira entrada que facemos a este blog, e polo tanto aínda
estamos algo perdidos neste mundo. A través deste proxecto que
estamos realizando, gustaríanos que tanto maiores como nenos, pero
sobre todo orientado a primaria, fixérades con nós este camiño,
que é tanto de aprendizaxe de coñecementos, como de aprendizaxe
vital, de emocións e de valores.
A
través del aprenderemos as diferentes culturas, linguas, faunas, e
todo o integrado coas diferentes materias de educación Primaria,
adaptándonos en todos os casos aos dististos niveis desta etapa.
Intentaremos
que o pasedes moi ben con nós e que xuntos coñezamos e nos
coñezamos, xa que o Camiño de Santiago dalgunha forma é tamén o
camiño da vida, e que mellor que facer este camiño da vida
aprendendo acompañados.
Por
últimos animarvos a que tomedes este blog como un entretemento
diario, xa que subiremos distintas actividades e documentos que vos
serán interesantes no eido educativo.
Espero
que disfrutedes isto tanto coma nós, un bico meus pequeniños e
miñas pequeniñas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)