Hola camiñantes e camiñantas!
Hoxe toca dar paso a unha nova entrada esta semana, neste caso, proporcionareivos distintos recursos atopados tras unha longa búsqueda.
Estos recursos, os cales pódense complementar fácilmente co proxecto PDI mencionado en entradas anteriores, os empregariamos co noso alumnado dentro da aula co obxectivo de fomentar o seu interese e a súa motivación, á vez que permitiríamos incrementar a perspectiva participativa e interactiva das nosas alumnas e alumnos.O primeiro recurso que atopei foi un libro dixital de nome “Sophie en el camino”, no que a pequena protagonista narra a súa propia experiencia de maneira didáctica, a medida que mostra as distintas etapas do camiño. Por tanto, permite coñecer as diferentes etapas do camiño, así como unha experiencia propia, neste caso da protagonista do libro. Todo esto, ao mesmo tempo que permite que o alumnado, a medida que aumentan o seu coñecemento, interactúen e participen grazas ao empreo da pantalla dixital interactiva. Considero que este é un bo recurso, pero debido a su extensión, é necesario dividir as etapas do libro en semanas, co obxectivo de fomentar o interés. Tamén confío en que será atractivo para os alumnos e as alumnas interactuar co libro a partir do emprego de dito recurso a partir da pantalla dixital.
En canto o segundo recurso, foi tamén un libro a partir do cal coñeceremos información acerca das lendas, así como dos contos que se narran sobre o Camiño de Santiago. Permite así, coñecer ampliamente curiosidades acerca deste. Este libro, ao contrario do anterior, non é interactivo pero sí permite a súa lectura e visualización global a partir da pantalla dixital interactiva. Por tanto, este libro permite levar a cabo o noso proxecto inicial, pois se pode mostrar na pantalla dixital interactiva, permitiendo así que o alumnado realice a lectura de dito libro en voz alta e participe activamente na actividade proposta. En resumen, é un libro que permite ao alumnado coñecer diferentes lendas e contos acerca del camino, o que puede aumentar a súa interese por el tema. Además, fomenta o gusto pola lectura non soamente dentro da aula, senón tamén fóra dela.
Finalmente, o terceiro recurso é un blog "¡Hacemos el Camino de Santiago!" dunha mestra de Educación Física no C.P. Ntra. Sra. de Fátima de Molina de Segura, Murcia, que presenta un artículo destinado a unha sesión para primaria, donde o eixe conductor é O Camiño de Santiago, pretendendo aficionar ao alumno/a na práctica de actividades na natureza para que ocupen o seu tempo libre, mantendo relacións de colaboración e igualdade cos demais. As actividades que contén este recurso poden ser realizadas no proxecto elexido, pois a sopa de letras, por exemplo, pode ser visualizada e realizada a partir da participación do alumnado coa pantalla dixital interactiva. Esto permite a participación e interacción activa dentro da aula, complementando estas actividades con outras realizadas individualmente. Por tanto, este blog permite un fácil acceso para o alumnado, además de que contén interesantes actividades como unha sopa de letras, unha breve obra de teatro, puzzles, entre outras moitas. Esto da lugar a que o contido incremente a participación dos nenos e nenas así como o seu interese no tema e o seu contacto co medio físico. Cabe destacar ademais que a valoración global deste recurso é bastante positiva, pois permite dividir as distintas actividades en diversas sesiones.
Espero que vos sirva de axuda para aumentar o voso coñecemento acerca do Camiño de Santiago. Non dudes en coñecer máis sobre o camiño da vida camiñante e camiñanta.
Vémonos moi pronto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario