lunes, 11 de febrero de 2019

A PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA

Para realizar esta entrada, baseeime en diferentes recursos co fin de informarme sobre a elaboración e importancia dunha secuencia didáctica baseada na pizarra dixital interactiva. 
É importante a diferenciación entre a  PD e PDI, xa que a PDI permite unha interacción directa sobre a pizarra e editar actividades interactivas ou capturar imaxes.
Ademais, son moitos os beneficios que achega unha PDI na aula, xa que é unha fonte inesgotable de información, introduce canles de comunicación e interacción entre o profesorado e alumnado, máis  motivador xa que son clases máis activas e audiovisuais. Con todo, a iniciativa da actividade que se realiza coa PDI tena o docente, aínda que o alumno responda as súas preguntas, pero presenta outras posibilidades como prescribir traballos de reforzo a algúns alumnos que o requiran ou mesmo responder preguntas en grupo.
Tamén consiste nun apoio fundamental nas exposicións dos alumnos, onde poden  exemplificar as súas explicacións.
Tras diferentes investigacións comparando resultados con pizarra dixital, extráense diversas conclusións: como que é necesario asegurar unha boa formación do profesorado en didáctica coa pizarra dixital, xa que se é ben utilizada contribúe a mellorar as aprendizaxes dos estudantes en xeral.
                                           

No hay comentarios:

Publicar un comentario