Vou a mostrarvos o que teño hoxe. Estiven creando unha serie de actividades interactivas sobre o tema do Blog (o camiño de Santiago), pero centrándome nas emocións.
En primeiro lugar utilicei a "educaplay", unha ferramenta que permite realizar e avaliar actividades on-line.
As súas actividades que creei foron:
- Un crucigrama: esta actividade consiste en ler e atopar a palabra agochada en cada definición ata completar o crucigrama. Esta é unha boa actividade para aprender a diferenciar os tipos de emocións que podemos vivir durante o camiño.
- O vídeo Quiz: consiste na proxección dun vídeo sobre as emocións e da posterior resposta a unha serie de actividades, realizadas para demostrar que o contido foi entendido.
Para a seguinte empreguei a ferramenta "Constructor 2.0", unha web creada pola xunta de Extremadura para que os/as docentes poidan facer actividades interactivas que utilizar na aula.
Con ela fixen o xogo do Aforcado, para que os/as máis pequenos/as aprendan pero se poidan divertir.
Por último utilicei Jigsaw Planet para darlles un descanso e que poidan resolver o puzzle de 45 pezas que lles deixamos a continuación.
Espero que o pasedes ben realizando estas actividades!
Un saúdo meus pequeniños e miñas pequeniñas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario