Bos
días, boas tardes ou boas noites, dependendo do momento no que
estedes lendo a miña primeira entrada neste blog. Eu chámome Eva
Jiménez Díaz e nacín na pequeniña pero preciosa cidade galega,
Ourense e teño 18 anos. Estudo na Universidade de Vigo o grado de
Educación Primaria e atópome no primero ano de carreira, que por
agora, está sendo un ano cheo de emocións e experiencias novas, ano
onde ademais cada día doume máis de conta de que acertei de pleno
ca carreira e que cada vez queda menos para lograr o meu soño de
formarme e convertime en docente, unha labor necesaria para mellorar
o mundo a través do coidado dos meus futuros e futuras alumnas.
Nos
últimos anos, tras realizar varios estudos ao longo do Bachillerato,
aumentou a miña interese polo Camiño de Santiago, entre moitas
cousas, no tocante a súa historia. Sen embargo, o punto de partida
deste blog atópase no dito de que o Camiño de Santiago é o camiño
da vida.
E
por iso que, tras a pantalla dos vosos dispositivos, atopámonos tres
xóvenes estudantes que loitan por chegar a ser grandes docentes nun
futuro, esperemos que non moi lonxe, Nerea, Daniel e máis eu. Vós
vades ser partícipes dos nosos primeiros pasos e vades a ser unha
parte fundamental para que este blog teña o éxito que esperamos,
pois como ben indica o seu propio título, non buscamos soamente dar
a coñecer o Camiño de Santiago, senón que a partir do Camiño cada
unha das persoas que formamos parte deste blog, a medida que
camiñamos xunt@s e coñecemos datos novos datos sobre o camiño,
ampliamos o noso coñecemento sobre nós mesm@s, incluindo os nosos
sentimentos e emocións.
Por
tanto, a partir do camiño, buscamos dar sentido ás cousas que nos
rodean día tras día, comparando o Camiño de Santiago co Camiño da
nosa Vida.
Espero
que nos acompañedes ao longo da nosa aventura e vos guste tanto coma
a nós coñecernos xunt@s, camiñantes e camiñantas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario