Boas
tardes, son Nerea Salgado Ferreira, integrante do Grupo Nós xunto
con Eva e Dani. Somos tres personiñas que queremos amosarvos o valor
e os coñecementos que se poden acadar a través do Camiño de
Santiago.
Nacín
nunha pequena aldea de Ramirás, en Ourense, chamada O Pambre. Desde
pequena disfrutei do campo e das súas maravillas, aprendendo a vivir
dunha forma que hoxe en día, debido a que moitas aldeas desaparecen,
a maioría dos nenos non poden disfrutar.
Esta
é a primeira entrada que facemos a este blog, e polo tanto aínda
estamos algo perdidos neste mundo. A través deste proxecto que
estamos realizando, gustaríanos que tanto maiores como nenos, pero
sobre todo orientado a primaria, fixérades con nós este camiño,
que é tanto de aprendizaxe de coñecementos, como de aprendizaxe
vital, de emocións e de valores.
A
través del aprenderemos as diferentes culturas, linguas, faunas, e
todo o integrado coas diferentes materias de educación Primaria,
adaptándonos en todos os casos aos dististos niveis desta etapa.
Intentaremos
que o pasedes moi ben con nós e que xuntos coñezamos e nos
coñezamos, xa que o Camiño de Santiago dalgunha forma é tamén o
camiño da vida, e que mellor que facer este camiño da vida
aprendendo acompañados.
Por
últimos animarvos a que tomedes este blog como un entretemento
diario, xa que subiremos distintas actividades e documentos que vos
serán interesantes no eido educativo.
Espero
que disfrutedes isto tanto coma nós, un bico meus pequeniños e
miñas pequeniñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario