martes, 12 de febrero de 2019

A PIZARRA DIXITAL (PDI)

Despois de visualizar todos os contidos que se nos facilitaron para realizar esta entrada intentarei contar o que son, baixo o meu punto de vista, as vantaxes de usar a pizarra dixital nunha aula de educación primaria.

Pois ben, en primeiro lugar temos que falar do gran repertorio de actividades que poden realizar a través dela, como poden ser dende xogos, ata exercicios prácticos dalgunha asignatura impartida en clase. Os nenos e nenas terían a oportunidade de usala para realizar diversas tarefas que o/a docente lle ordenara, e así, dalgunha forma, mesturamos a tecnoloxía, tan importante hoxe nas nosas aulas, co tema referente que se esté traballando nese momento en clase.

Outra gran vantaxe que debemos destacar é o espírito motivador que conleva usar un aparello dixital como a PDI en clase, xa que fai que as horas de tarballo se fagan máis dinámicas e polo tanto menos pesadas para nenos e nenas de tan curta idade.

Polo tanto, podemos afirmar, que o uso da PDI nas aulas produce moitos beneficios, non só a nivel contidos, que son case inesgotables, senón a nivel motivación e aprendizaxe nos máis pequenos e nas máis pequenas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario