sábado, 4 de mayo de 2019

Actividades para realizar na aula!


Hola a todxs!
Hoxe traio conmigo un par de actividades, relacionadas co Camiño de Santiago, para empregar como recurso para a aula. Aínda que tamén, ao ser interactivas, o alumnado pode realizalas individualmente ou en familia no seu fogar.

Para realizar estas primeiras actividades, empreguei como ferramenta "educaplay". Esta é un portal de Internet, a cal permite realizar sinxelas actividades e evaluación de forma on-line e que permite integrar outras ferramentas en línea. 

Os dous modelos de actividades creados foron os seguintes:
  • Ditado: esta actividade consiste en escribir de forma exacta o texto que se redacta no audio da actividade. Nestecaso, o texto que terán que realizar os alumnos e alumnas é sobre a lenda da pantasma da Quintana. E, a partir dela, contestarán ao Quiz de Kubbu, para observar se o contido foi entendido correctamente.

  • Relacionar mosaicos: esta actividade permite ao alumnado relacionar os elementos explicados anteriormente sobre o Camiño de Santiago. Ademais, nalgúns casos pode darse a situación de que algúns destes elementos non fosen explicados, polo que obrigará ao alumnado a ter que razoar a súa resposta. É un divertido xogo no que se aprende a relacionar unha determinada fotografía cunha definición desta. Con todo, esta actividade poder ser realizada con facilidade dentro do proxecto elixido, é dicir, é unha actividade que pode ser fácilmente realizada en grupos ou individualmente a través da Pizarra Dixital Interactiva. Ademais, amén pode servir como actividade complementaria para o alumno ou alumna repase o aprendido ou aumente os seus coñecementos sobre o tema a tratar.

Para as seguintes actividades, empreguei outras dous ferramentas diferentes:

A segunda ferramenta empregada foi "Kubbu", a cal é un xerador gratuito de crucigramas, cuestionarios... Son actividades didácticas que permiten trasladar o papel ao traballo online, polo que é moi útil para o seu emprego virtual.
  • Slider: é unha especie de "quiz" dinámico que contén tres tipos de actividades. Neste caso, as preguntas do test estarán relacionadas ca actividade anterior do ditado, pois a partir desta, o profesorado poderá ver se o alumno/a prestou atención ou non á actividade e se comprendeu o seu contido, así como os diferentes conceptos tratados.

Por último, a derradeira ferramenta empregada foi www.jigsawplanet.com co obxectivo de realizar un puzzle, neste caso, relacionado cos seres vivos que podemos atopar durante o Camiño de Santiago. É un puzzle que se pode realizar fácilmente na aula a través da Pantalla Dixital Interactiva (PDI), polo que é moi boa idea o seu emprego para levar a cabo o noso proxecto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario