Mostrando entradas con la etiqueta Salgado_ Ferreira_Nerea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Salgado_ Ferreira_Nerea. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de mayo de 2019

Chegou a despedida !!!

Pois si lectores, chegou o momento de despedirse deste blog, ou igual non, polo menos a nivel académico decimos adeus a uns meses nos que adquirimos moitos coñecementos aplicables a aula de educación primaria, co obxetivo de mellorar ou fomentar a motivación dos alumnos e alumnas.

En primeiro lugar, querría agradecer as miñas compañeiras polo seu esforzo e traballo, que fixéronme crer nalgúns momentos que non era unha tarefa, simplemente amigos que facían debuxos, videos, xogos para o noso desfrute. Tamén, agradecer ao profesorado polas explicación e axuda para a elaboración do proxecto.

Destacar que os primeiros días non tomávamos esta asignatura "en serio", pero ben certo é que nalgúns momentos chegamos a non saber que facer e o tempo agotábase, sendo mais complexo do esperado.

Ata sempre Camiñantes e Camiñantas !!!!!!

Chegamos a Santiago, fin do camiño!


Pois sí camiñantes e camiñantas, parecía un camiño tan longo, e agora, case sen decatarnos chegamos a Santiago! Tomemos isto como unha metáfora para dicir que chegou o fin desta gran experiencia.
Despois de moitos agobios, e moitos nervios creo que chegou o momento de dicir ata sempre. Teño que admitir que vos vou botar moito de menos.

Nós (Eva, Dani e Nerea), eliximos a temática do Camiño de Santiago porque pensamos que era importante ensinar a nenos e nenas de Educación Primaria a importancia que ten, tanto a nivel simbólico como vital.

Botando a vista atrás, e ollando o que fixemos, estou moi orgullosa do proxecto que sacamos adiante (sempre coa axuda das docentes que imparten esta materia), xa que isto era novo para nós. O ben que conseguimos encadrar a temática, creo que nos axudou máis a nós que a moitos dos/as lectores/as que puidesemos ter ao londo deste camiño. A todos vós, esperamos que vos axudara tanto ou máis que aos que fixemos este proxecto.

Isto tamén nos uniu como grupo, os compañeiros que conformamos o grupo Nós agora estamos máis unidos que nunca, axudámonos e apoiámonos para conseguir rematar o camiño xuntos. Eu non sería nadie sen Eva e sen Dani!

De novo dar as grazas a todos e todas as persoas que pasástedes a formar parte desta aventura, apoiándonos e vendo todas as publicacións que íamos poñendo con interese.

Grazas a estes traballos a nosa carreira merece máis a pena, aumenta as nosas ganas de ser docentes o día de mañá e de disfrutar facendo o traballo que nos gusta.

Querémosvos e querémonos moito camiñantes e camiñantas!
Benvidos a Santiago!

PROXECTOS EXPOSTOS

Despois da realización da nosa exposición e da visualización das exposicións do resto dos nosos compañeiros e compañeiras chegamos a diversas conclusións:

En primeiro lugar, querríamos destacar que en xeral todos os grupos realizamos un bo traballo, aínda que nalgúns casos o proxecto escollido non quedaba claro, xa que por exemplo no caso da PDI non se interactuaba con ela ,que era do que se trataba neste caso.

Por outra banda, destacar que temos que ir desenvolvéndonos mellor nas exposición en público, xa que como futuros docentes é o que teremos que facer día a día, pero sobre todo nas exposición temos que ir desfacéndonos dos apuntes ou follas polos que leemos, xa que da unha imaxe de que non temos dominio do tema.

En xeral, pensamos que tódolos grupos utilizaban un ton de voz adecuado, pero o que mais nos abraiou foron as temáticas escollidas como a igualdade, a importancia da saude e cuidarse a un mesmo, intelixencia emocional ou sobre a cultura galega. Temáticas moi variadas e enriquecedoras , que axudarán aos nenos e nenas no seu aprendizaxe.

Esperamos que vos gustase a opinión dos proxectos!! Ata a próxima.

Recursos de apoio para a exposición

Ola!!

Hoxe volvemos a publicar unha nova entrada, cunha maior presión e rapidez,  dándonos de conta que esto está chegando ao seu fin.

Nesta entrada, mostrarémosvos a presentación que realizamos para poder mostrarlles aos nosos compañeiros e compañeiras, xunto coas docentes da materia, o noso proxecto dixital da PDI.

Para realizar a presentación, empregamos a ferramenta PowerPoint  como recurso de apoio para a exposición de aula. Ademais, este recurso permitiunos poder mostrar de maneira atractiva e visual, como realizariamos as diferentes actividades realizadas ca PDI.

Se queredes descubrir como é a presentación e a información que podedes atopar no seu interior, soamente tedes que facer click na seguinte imaxe!!
Que vos parece o resultado??
Esperamos as vosas respostas e vémonos na seguinte entrada camiñantes e camiñantas!



Informe Proxecto Final


Ola a tod@s!

Despois de realizar a exposición do Proxecto PDI na nosa aula da universidade, queremos que vexades o informe de práticas.

Nel explicamos de maneira xustificada o motivo da elección da temática, neste caso, do Camiño de Santiago. Contextualizando o propio proxecto dentro do centro elixido ou grupo de idade, entre outras moitas cousas. 

Ademais, dentro do informe podedes atopar as diferentes actividades que vos ensinamos ao longo da creación do blog e de estas mesmas. Atoparánse explicadas unha a unha cada unha das tarefas, coas súas características.

Finalmente, tamén haberá unha breve conclusión en relación ao proxecto e ao grupo, na cal tamén voltamos a vista e nos damos de conta do rápido que pasa o tempo, pois parece que foi onte cando comezamos este camiño xunto con cada un de vos.

Adxuntamos o arquivo para que o poidades ver. 
Un saúdo camiñantes e camiñantas!

martes, 7 de mayo de 2019

Creamos actividades interactivas!

Hola rapazas e rapaces!

Vou a mostrarvos o que teño hoxe. Estiven creando unha serie de actividades interactivas sobre o tema do Blog (o camiño de Santiago), pero centrándome nas emocións.

En primeiro lugar utilicei a "educaplay", unha ferramenta que permite realizar e avaliar actividades on-line.
As súas actividades que creei foron:

  • Un crucigrama: esta actividade consiste en ler e atopar a palabra agochada en cada definición ata completar o crucigrama. Esta é unha boa actividade para aprender a diferenciar os tipos de emocións que podemos vivir durante o camiño.
  • O vídeo Quiz: consiste na proxección dun vídeo sobre as emocións e da posterior resposta a unha serie de actividades, realizadas para demostrar que o contido foi entendido.

Para a seguinte empreguei a ferramenta "Constructor 2.0", unha web creada pola xunta de Extremadura para que os/as docentes poidan facer actividades interactivas que utilizar na aula.
Con ela fixen o xogo do Aforcado, para que os/as máis pequenos/as aprendan pero se poidan divertir.


Por último utilicei Jigsaw Planet para darlles un descanso e que poidan resolver o puzzle de 45 pezas que lles deixamos a continuación.
Espero que o pasedes ben realizando estas actividades! 
Un saúdo meus pequeniños e miñas pequeniñas!

miércoles, 10 de abril de 2019

Aprende Xogando !

Ola a todxs !!
E se facemos un xogo? Que vos parece traballar o Camiño con robots? Parece irreal!!
Deixámosvos aquí un pequeno tutorial sobre como realizar esta actividade na aula, preme na imaxe e o contrasinal é camiña.




martes, 9 de abril de 2019

Crea o teu videoclip músical !!

Bos días, boas tardes e boas noites, dependendo do momento do día no que estés lendo isto!
Hoxe traémosvos unha nova actividade moi divertida e lúdica para traballar cos máis cativos e cativas: a realización dun videoclip!
Non é tarefa sinxela, non soamente teredes que saber cantar, senón compoñer a letra acerca do Camiño de Santiago, así como as emocións e sentimentos que poderedes vivir no traxecto.

Nós xa fixemos o noso, queredes velo? entre no seguinte enlace premendo na imaxe, o contrasinal é camiña:




miércoles, 3 de abril de 2019

Os símbolos do Camiño !!

Ola!! que tal estades, traémosvos un novo recurso para utilizar na aula, esta vez un video co que podedes traballar os diferentes símbolos que atoparedes no camiño e os diferentes sentimientos para coñecerse a un mesmo .

Preme na imaxe para visualizar o video, o contrasinal é camiña:
 
                                           



A nosa WebQuest !!

As WebQuest son un conxunto de actividades de aprendizaxe que se levan a cabo empregando recursos de Internet preseleccionados polx docente, de maneira que o/a estudante se enfoque no uso dos recursos e non da busca.
Polo tanto, o valor pedagóxico das WebQuest é recoñecido por moitxs docentes ao arredor do mundo.
Hoxe traémosvos unha WebQuest na que se desenvolve unha tarefa atractiva que parte de diferentes recursos atopados en Internet, a cal esperamos que realicedes dunha forma dinámica e divertida.

Deixámosvos o enlace. Preme na imaxe seguinte:


https://sites.google.com/s/1LmvNCVKzbFWjskAqGb2X7xPypR87HgFV/p/1clY-FVjiaJ9yeeFzAQ2w-6Ia8d0MbU9j/edit

miércoles, 20 de febrero de 2019

Póster Interactivo!

Ola a tod@s!

Esta vez estamos os tres xuntos para presentarvos o noso póster no cal podedes atopar diferentes ferramentas para interactuar cos vosos alumnos e alumnas na aula.
Neste póster, ademais, podedes atopar un código Qr para que podades entrar en calquer momento no noso blog e unha nube de palabras na que se ampliades se poden observar os diferentes obxectivos que queremos facervos chegar.
Esperamos que vos guste.

Ata a próxima!!


Recursos para facilitar o noso camiño!

Hola meus pequeniños e miñas pequeniñas, hoxe toca explicar os recursos que decidín utilizar, ben porque me pareceron atractivos e dinámicos, así como interesantes para traballar na aula.

En primeiro lugar elexín unha páxina web a través da cal traballamos as diferentes asignaturas do curso a través do camiño de Santiago. Isto é algo moi positivo na aula xa que a dinámica da clase cambiaría totalmente e os nenos e nenas poden experimentar o camiño sen perder o ritmo das asignaturas.




A continuación, trataremos un mapa didáctico a través da PDI, a través do cal os alumnos e as alumnas poden coñecer as diferentes rutas do camiño, así como algunhas experiencias vividas e outros aspectos importantes como a arte. É un recurso importante, xa que aumenta as ganas de coñecemento dos nenos e nenas, e o seu interese sobre o tema a tratar. Trátase dun recurso dinámico, e os cativos e cativas disfrutaran iso, xa que así poden despexar un pouco da clase monótona de contidos á que están acostumados.





Por último, escollín un caderno de traballo que contén actividades diversas sobre a temática do camiño e que motiva a participación do alumnado na aula, a través del poden reforzar a comprensión lectora entre outros ámbitos lingüísticos e sería un gran recurso para usar a pizarra dixital, tanto para a lectura dos textos como para a realización de actividades, o que motivaría en gran medida a súa utilización debido ao entusiasmo e á dinámica que contén.




E con isto remata esta entrada, espero que vos guste tanto como a min estes recursos e que sigades con unhas ganas enormes de camiñar con nós! 

Moitos biquiños meus pequeniños e miñas pequeniñas.

martes, 12 de febrero de 2019

A PIZARRA DIXITAL (PDI)

Despois de visualizar todos os contidos que se nos facilitaron para realizar esta entrada intentarei contar o que son, baixo o meu punto de vista, as vantaxes de usar a pizarra dixital nunha aula de educación primaria.

Pois ben, en primeiro lugar temos que falar do gran repertorio de actividades que poden realizar a través dela, como poden ser dende xogos, ata exercicios prácticos dalgunha asignatura impartida en clase. Os nenos e nenas terían a oportunidade de usala para realizar diversas tarefas que o/a docente lle ordenara, e así, dalgunha forma, mesturamos a tecnoloxía, tan importante hoxe nas nosas aulas, co tema referente que se esté traballando nese momento en clase.

Outra gran vantaxe que debemos destacar é o espírito motivador que conleva usar un aparello dixital como a PDI en clase, xa que fai que as horas de tarballo se fagan máis dinámicas e polo tanto menos pesadas para nenos e nenas de tan curta idade.

Polo tanto, podemos afirmar, que o uso da PDI nas aulas produce moitos beneficios, non só a nivel contidos, que son case inesgotables, senón a nivel motivación e aprendizaxe nos máis pequenos e nas máis pequenas.

martes, 29 de enero de 2019

Camiña con Nerea!


Boas tardes, son Nerea Salgado Ferreira, integrante do Grupo Nós xunto con Eva e Dani. Somos tres personiñas que queremos amosarvos o valor e os coñecementos que se poden acadar a través do Camiño de Santiago.
Nacín nunha pequena aldea de Ramirás, en Ourense, chamada O Pambre. Desde pequena disfrutei do campo e das súas maravillas, aprendendo a vivir dunha forma que hoxe en día, debido a que moitas aldeas desaparecen, a maioría dos nenos non poden disfrutar.
 Esta é a primeira entrada que facemos a este blog, e polo tanto aínda estamos algo perdidos neste mundo. A través deste proxecto que estamos realizando, gustaríanos que tanto maiores como nenos, pero sobre todo orientado a primaria, fixérades con nós este camiño, que é tanto de aprendizaxe de coñecementos, como de aprendizaxe vital, de emocións e de valores.
A través del aprenderemos as diferentes culturas, linguas, faunas, e todo o integrado coas diferentes materias de educación Primaria, adaptándonos en todos os casos aos dististos niveis desta etapa.
Intentaremos que o pasedes moi ben con nós e que xuntos coñezamos e nos coñezamos, xa que o Camiño de Santiago dalgunha forma é tamén o camiño da vida, e que mellor que facer este camiño da vida aprendendo acompañados.
Por últimos animarvos a que tomedes este blog como un entretemento diario, xa que subiremos distintas actividades e documentos que vos serán interesantes no eido educativo.
Espero que disfrutedes isto tanto coma nós, un bico meus pequeniños e miñas pequeniñas.