viernes, 10 de mayo de 2019

Chegamos a Santiago, fin do camiño!


Pois sí camiñantes e camiñantas, parecía un camiño tan longo, e agora, case sen decatarnos chegamos a Santiago! Tomemos isto como unha metáfora para dicir que chegou o fin desta gran experiencia.
Despois de moitos agobios, e moitos nervios creo que chegou o momento de dicir ata sempre. Teño que admitir que vos vou botar moito de menos.

Nós (Eva, Dani e Nerea), eliximos a temática do Camiño de Santiago porque pensamos que era importante ensinar a nenos e nenas de Educación Primaria a importancia que ten, tanto a nivel simbólico como vital.

Botando a vista atrás, e ollando o que fixemos, estou moi orgullosa do proxecto que sacamos adiante (sempre coa axuda das docentes que imparten esta materia), xa que isto era novo para nós. O ben que conseguimos encadrar a temática, creo que nos axudou máis a nós que a moitos dos/as lectores/as que puidesemos ter ao londo deste camiño. A todos vós, esperamos que vos axudara tanto ou máis que aos que fixemos este proxecto.

Isto tamén nos uniu como grupo, os compañeiros que conformamos o grupo Nós agora estamos máis unidos que nunca, axudámonos e apoiámonos para conseguir rematar o camiño xuntos. Eu non sería nadie sen Eva e sen Dani!

De novo dar as grazas a todos e todas as persoas que pasástedes a formar parte desta aventura, apoiándonos e vendo todas as publicacións que íamos poñendo con interese.

Grazas a estes traballos a nosa carreira merece máis a pena, aumenta as nosas ganas de ser docentes o día de mañá e de disfrutar facendo o traballo que nos gusta.

Querémosvos e querémonos moito camiñantes e camiñantas!
Benvidos a Santiago!

1 comentario:

  1. Hi I'm planning on visiting santiago later this year and will love to get your input on the top 3 things to do while visiting. Thank you in advance,great blog.

    ResponderEliminar