Bos días ou tardes a todos e todas, hoxe volto polo noso blog con máis novidades. A miña encomenda é amosarvos os recursos que empregaría cos máis cativos nas aulas de primaria, co obxetivo de fomentar o seu interese polo camino de santigo para poder coñecerse a si mesmos.
O primeiro recurso que empregaría é un blog que narra a historia do Camiño de Santiago adaptada para nenos e nenas, ademáis de conter información complementaria do camino como a Credencial de Peregrino ou a Compostelana, entre outros. Ademáis dentro de cada apartado ainda se encontra unha maior información que facilitará o seu coñecemento. Consideramos que este blog pode aportar novos coñecementos ao alumnado como comentamos, pero a sua vez pode provocar desinterés a causa da sua extensión, polo que é necesario realizar diversas actividades a partir do blog, convertindo a información en xogos que aumenten o interés do alumnado. Pódese acceder ao blog a través da pantalla dixital interactiva permitiendo ao alumnado a sua participación.
O segundo recurso, é un video informativo sobre os diferentes símbolos que podemos atopar ao longo do camiño, como a cuncha, o bastón ou a compostelana. Considero que é un bo vídeo, no que a través de debuxos explica un contido que pode ser atractivo para os nenos e nenas. Ademáis é importante que coñezcan os diferentes símbolos para recoñecer durante o camiño a dirección ou puntos importantes.
O terceiro recurso é unha app que nos permite facer o camiño virtualmente. Fusiona ficción e documental en formato de guía interactiva, grabada en entornos espectaculares. Dende a pizarra dixital o alumnado descubriría de “primeira man” as realidades do camiño e as posibilidades e vantaxas que ten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario