Mostrando entradas con la etiqueta Jiménez_Díaz_Eva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jiménez_Díaz_Eva. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de mayo de 2019

Chegou a despedida !!!

Pois si lectores, chegou o momento de despedirse deste blog, ou igual non, polo menos a nivel académico decimos adeus a uns meses nos que adquirimos moitos coñecementos aplicables a aula de educación primaria, co obxetivo de mellorar ou fomentar a motivación dos alumnos e alumnas.

En primeiro lugar, querría agradecer as miñas compañeiras polo seu esforzo e traballo, que fixéronme crer nalgúns momentos que non era unha tarefa, simplemente amigos que facían debuxos, videos, xogos para o noso desfrute. Tamén, agradecer ao profesorado polas explicación e axuda para a elaboración do proxecto.

Destacar que os primeiros días non tomávamos esta asignatura "en serio", pero ben certo é que nalgúns momentos chegamos a non saber que facer e o tempo agotábase, sendo mais complexo do esperado.

Ata sempre Camiñantes e Camiñantas !!!!!!

E por fin chegamos a Santiago...



Ola camiñantes e camiñantas!


É increíble pensar que esto chegou ao seu fin, despois dun longo camiño xunt@s que a verdade, para min fíxome demasiado corto, uns cos outros conseguimos chegar ao final do camiño.

Nun primeiro momento, é de confesar que nunca me imaxinei tendo un blog, e moito menos xunto aos meus compañeiros, facendo publicacións semanais e traballando un tema (que me gustou moito e do cal aprendín moitas cousas que descoñecía), o camiño como ben dixen foi longo e en moitos momentos pareceume difícil, pero grazas á axuda dos meus compañeiros e das docentes, o camiño fíxose máis ameno.

Grazas a este proxecto aprendimos a importancia que teñen os recursos TIC para traballar na aula, así como o necesario que é un bo uso e unha boa formación en relación coas novas tecnoloxías como futura docente.

Moitas grazas por acompañarme a min e aos meus compañeiros ao longo do camiño, día tras día, estamos moi contentos de que vos gustara!

Moítisimos bicos camiñantes e camiñantas.

PROXECTOS EXPOSTOS

Despois da realización da nosa exposición e da visualización das exposicións do resto dos nosos compañeiros e compañeiras chegamos a diversas conclusións:

En primeiro lugar, querríamos destacar que en xeral todos os grupos realizamos un bo traballo, aínda que nalgúns casos o proxecto escollido non quedaba claro, xa que por exemplo no caso da PDI non se interactuaba con ela ,que era do que se trataba neste caso.

Por outra banda, destacar que temos que ir desenvolvéndonos mellor nas exposición en público, xa que como futuros docentes é o que teremos que facer día a día, pero sobre todo nas exposición temos que ir desfacéndonos dos apuntes ou follas polos que leemos, xa que da unha imaxe de que non temos dominio do tema.

En xeral, pensamos que tódolos grupos utilizaban un ton de voz adecuado, pero o que mais nos abraiou foron as temáticas escollidas como a igualdade, a importancia da saude e cuidarse a un mesmo, intelixencia emocional ou sobre a cultura galega. Temáticas moi variadas e enriquecedoras , que axudarán aos nenos e nenas no seu aprendizaxe.

Esperamos que vos gustase a opinión dos proxectos!! Ata a próxima.

Recursos de apoio para a exposición

Ola!!

Hoxe volvemos a publicar unha nova entrada, cunha maior presión e rapidez,  dándonos de conta que esto está chegando ao seu fin.

Nesta entrada, mostrarémosvos a presentación que realizamos para poder mostrarlles aos nosos compañeiros e compañeiras, xunto coas docentes da materia, o noso proxecto dixital da PDI.

Para realizar a presentación, empregamos a ferramenta PowerPoint  como recurso de apoio para a exposición de aula. Ademais, este recurso permitiunos poder mostrar de maneira atractiva e visual, como realizariamos as diferentes actividades realizadas ca PDI.

Se queredes descubrir como é a presentación e a información que podedes atopar no seu interior, soamente tedes que facer click na seguinte imaxe!!
Que vos parece o resultado??
Esperamos as vosas respostas e vémonos na seguinte entrada camiñantes e camiñantas!



Informe Proxecto Final


Ola a tod@s!

Despois de realizar a exposición do Proxecto PDI na nosa aula da universidade, queremos que vexades o informe de práticas.

Nel explicamos de maneira xustificada o motivo da elección da temática, neste caso, do Camiño de Santiago. Contextualizando o propio proxecto dentro do centro elixido ou grupo de idade, entre outras moitas cousas. 

Ademais, dentro do informe podedes atopar as diferentes actividades que vos ensinamos ao longo da creación do blog e de estas mesmas. Atoparánse explicadas unha a unha cada unha das tarefas, coas súas características.

Finalmente, tamén haberá unha breve conclusión en relación ao proxecto e ao grupo, na cal tamén voltamos a vista e nos damos de conta do rápido que pasa o tempo, pois parece que foi onte cando comezamos este camiño xunto con cada un de vos.

Adxuntamos o arquivo para que o poidades ver. 
Un saúdo camiñantes e camiñantas!

sábado, 4 de mayo de 2019

Actividades para realizar na aula!


Hola a todxs!
Hoxe traio conmigo un par de actividades, relacionadas co Camiño de Santiago, para empregar como recurso para a aula. Aínda que tamén, ao ser interactivas, o alumnado pode realizalas individualmente ou en familia no seu fogar.

Para realizar estas primeiras actividades, empreguei como ferramenta "educaplay". Esta é un portal de Internet, a cal permite realizar sinxelas actividades e evaluación de forma on-line e que permite integrar outras ferramentas en línea. 

Os dous modelos de actividades creados foron os seguintes:
  • Ditado: esta actividade consiste en escribir de forma exacta o texto que se redacta no audio da actividade. Nestecaso, o texto que terán que realizar os alumnos e alumnas é sobre a lenda da pantasma da Quintana. E, a partir dela, contestarán ao Quiz de Kubbu, para observar se o contido foi entendido correctamente.

  • Relacionar mosaicos: esta actividade permite ao alumnado relacionar os elementos explicados anteriormente sobre o Camiño de Santiago. Ademais, nalgúns casos pode darse a situación de que algúns destes elementos non fosen explicados, polo que obrigará ao alumnado a ter que razoar a súa resposta. É un divertido xogo no que se aprende a relacionar unha determinada fotografía cunha definición desta. Con todo, esta actividade poder ser realizada con facilidade dentro do proxecto elixido, é dicir, é unha actividade que pode ser fácilmente realizada en grupos ou individualmente a través da Pizarra Dixital Interactiva. Ademais, amén pode servir como actividade complementaria para o alumno ou alumna repase o aprendido ou aumente os seus coñecementos sobre o tema a tratar.

Para as seguintes actividades, empreguei outras dous ferramentas diferentes:

A segunda ferramenta empregada foi "Kubbu", a cal é un xerador gratuito de crucigramas, cuestionarios... Son actividades didácticas que permiten trasladar o papel ao traballo online, polo que é moi útil para o seu emprego virtual.
  • Slider: é unha especie de "quiz" dinámico que contén tres tipos de actividades. Neste caso, as preguntas do test estarán relacionadas ca actividade anterior do ditado, pois a partir desta, o profesorado poderá ver se o alumno/a prestou atención ou non á actividade e se comprendeu o seu contido, así como os diferentes conceptos tratados.

Por último, a derradeira ferramenta empregada foi www.jigsawplanet.com co obxectivo de realizar un puzzle, neste caso, relacionado cos seres vivos que podemos atopar durante o Camiño de Santiago. É un puzzle que se pode realizar fácilmente na aula a través da Pantalla Dixital Interactiva (PDI), polo que é moi boa idea o seu emprego para levar a cabo o noso proxecto.




miércoles, 10 de abril de 2019

Aprende Xogando !

Ola a todxs !!
E se facemos un xogo? Que vos parece traballar o Camiño con robots? Parece irreal!!
Deixámosvos aquí un pequeno tutorial sobre como realizar esta actividade na aula, preme na imaxe e o contrasinal é camiña.




martes, 9 de abril de 2019

Crea o teu videoclip músical !!

Bos días, boas tardes e boas noites, dependendo do momento do día no que estés lendo isto!
Hoxe traémosvos unha nova actividade moi divertida e lúdica para traballar cos máis cativos e cativas: a realización dun videoclip!
Non é tarefa sinxela, non soamente teredes que saber cantar, senón compoñer a letra acerca do Camiño de Santiago, así como as emocións e sentimentos que poderedes vivir no traxecto.

Nós xa fixemos o noso, queredes velo? entre no seguinte enlace premendo na imaxe, o contrasinal é camiña:




miércoles, 3 de abril de 2019

Os símbolos do Camiño !!

Ola!! que tal estades, traémosvos un novo recurso para utilizar na aula, esta vez un video co que podedes traballar os diferentes símbolos que atoparedes no camiño e os diferentes sentimientos para coñecerse a un mesmo .

Preme na imaxe para visualizar o video, o contrasinal é camiña:
 
                                           



A nosa WebQuest !!

As WebQuest son un conxunto de actividades de aprendizaxe que se levan a cabo empregando recursos de Internet preseleccionados polx docente, de maneira que o/a estudante se enfoque no uso dos recursos e non da busca.
Polo tanto, o valor pedagóxico das WebQuest é recoñecido por moitxs docentes ao arredor do mundo.
Hoxe traémosvos unha WebQuest na que se desenvolve unha tarefa atractiva que parte de diferentes recursos atopados en Internet, a cal esperamos que realicedes dunha forma dinámica e divertida.

Deixámosvos o enlace. Preme na imaxe seguinte:


https://sites.google.com/s/1LmvNCVKzbFWjskAqGb2X7xPypR87HgFV/p/1clY-FVjiaJ9yeeFzAQ2w-6Ia8d0MbU9j/edit

miércoles, 20 de febrero de 2019

Póster Interactivo!

Ola a tod@s!

Esta vez estamos os tres xuntos para presentarvos o noso póster no cal podedes atopar diferentes ferramentas para interactuar cos vosos alumnos e alumnas na aula.
Neste póster, ademais, podedes atopar un código Qr para que podades entrar en calquer momento no noso blog e unha nube de palabras na que se ampliades se poden observar os diferentes obxectivos que queremos facervos chegar.
Esperamos que vos guste.

Ata a próxima!!


Búsqueda de recursos!

Hola camiñantes e camiñantas!

Hoxe toca dar paso a unha nova entrada esta semana, neste caso, proporcionareivos distintos recursos atopados tras unha longa búsqueda.
Estos recursos, os cales pódense complementar fácilmente co proxecto PDI mencionado en entradas anteriores, os empregariamos co noso alumnado dentro da aula co obxectivo de fomentar o seu interese e a súa motivación, á vez que permitiríamos incrementar a perspectiva participativa e interactiva das nosas alumnas e alumnos.

O primeiro recurso que atopei foi un libro dixital de nome “Sophie en el camino”, no que a pequena protagonista narra a súa propia experiencia de maneira didáctica, a medida que mostra as distintas etapas do camiño. Por tanto, permite coñecer as diferentes etapas do camiño, así como unha experiencia propia, neste caso da protagonista do libro. Todo esto, ao mesmo tempo que permite que o alumnado, a medida que aumentan o seu coñecemento, interactúen e participen grazas ao empreo da pantalla dixital interactiva. Considero que este é un bo recurso, pero debido a su extensión, é necesario dividir as etapas do libro en semanas, co obxectivo de fomentar o interés. Tamén confío en que será atractivo para os alumnos e as alumnas interactuar co libro a partir do emprego de dito recurso a partir da pantalla dixital.



En canto o segundo recurso, foi tamén un libro a partir do cal coñeceremos información acerca das lendas, así como dos contos que se narran sobre o Camiño de Santiago. Permite así, coñecer ampliamente curiosidades acerca deste. Este libro, ao contrario do anterior, non é interactivo pero sí permite a súa lectura e visualización global a partir da pantalla dixital interactiva. Por tanto, este libro permite levar a cabo o noso proxecto inicial, pois se pode mostrar na pantalla dixital interactiva, permitiendo así que o alumnado realice a lectura de dito libro en voz alta e participe activamente na actividade proposta. En resumen, é un libro que permite ao alumnado coñecer diferentes lendas e contos acerca del camino, o que puede aumentar a súa interese por el tema. Además, fomenta o gusto pola lectura non soamente dentro da aula, senón tamén fóra dela.



Finalmente, o terceiro recurso é un blog "¡Hacemos el Camino de Santiago!" dunha mestra de Educación Física no C.P. Ntra. Sra. de Fátima de Molina de Segura, Murcia, que presenta un artículo destinado a unha sesión para primaria, donde o eixe conductor é O Camiño de Santiago, pretendendo aficionar ao alumno/a na práctica de actividades na natureza para que ocupen o seu tempo libre, mantendo relacións de colaboración e igualdade cos demais. As actividades que contén este recurso poden ser realizadas no proxecto elexido, pois a sopa de letras, por exemplo, pode ser visualizada e realizada a partir da participación do alumnado coa pantalla dixital interactiva. Esto permite a participación e interacción activa dentro da aula, complementando estas actividades con outras realizadas individualmente. Por tanto, este blog permite un fácil acceso para o alumnado, además de que contén interesantes actividades como unha sopa de letras, unha breve obra de teatro, puzzles, entre outras moitas. Esto da lugar a que o contido incremente a participación dos nenos e nenas así como o seu interese no tema e o seu contacto co medio físico. Cabe destacar ademais que a valoración global deste recurso é bastante positiva, pois permite dividir as distintas actividades en diversas sesiones.



Espero que vos sirva de axuda para aumentar o voso coñecemento acerca do Camiño de Santiago. Non dudes en coñecer máis sobre o camiño da vida camiñante e camiñanta. 

Vémonos moi pronto!!











martes, 12 de febrero de 2019

A PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA (PDI)

Hola camiñantes e camiñantas!


Nesta nova entrada realizarei unha breve reflexión do proxecto elexido para levar a cabo o blog, neste caso como ben indica o título "A pizarra dixital interactiva". Para iso, contei co apoio de diferentes recursos os cales me aportaron a información necesaria para valorar a importancia do emprego deste proxecto dentro das aulas.
Nun primeiro momento, pódese definir o concepto de "Pizarra Dixital Interactiva" como ao conxunto tecnológico formado por unha pantalla táctil, un ordenador y un proxector que permite o seu uso interactivo nas aulas dos colexios, e a súa vez, a visualización global dos contenidos.
Por tanto, tras visualizar os recursos, atopei diversas vantaxes á hora do emprego deste proxecto como por exemplo: permite proxectar os contenidos dixitales nun formato idóneo para a visualización en grupo, á vez que o alumnado pode interactuar directamente sobre a proxección, polo que consiste nunha superficie interactiva; os diferentes contenidos poden tratarse de xogos interactivo e didáctico relacionados cunha asignatura determinada; e ademais, o emprego da pizarra dixital interactiva permite unha enseñanza didáctica e dinámica, que fomenta a súa vez a participación e motivación do alumno ou alumna.
Por tanto, como podemos observar, a Pantalla Dixital Interactiva conta con variados beneficios, que axudan principalmente ao incremento do interés do alumno ou alumna e pode chegar a mellorar os resultados académicos, pois pode chegar a motivar ao alumnado á hora de realizar as tarefas propostas polo profesorado, así como exposicións, nalgúns casos. Sen embargo, para iso é necesaria unha boa formación do profesorado actual, ao mesmo tempo que tamén é necesario implantar estes proxectos nas aulas pois cpoden conseguer que as clases sexan máis fáciles e entretenidas para os rapaces e as rapazas.

martes, 29 de enero de 2019

Camiña con Eva!

Bos días, boas tardes ou boas noites, dependendo do momento no que estedes lendo a miña primeira entrada neste blog. Eu chámome Eva Jiménez Díaz e nacín na pequeniña pero preciosa cidade galega, Ourense e teño 18 anos. Estudo na Universidade de Vigo o grado de Educación Primaria e atópome no primero ano de carreira, que por agora, está sendo un ano cheo de emocións e experiencias novas, ano onde ademais cada día doume máis de conta de que acertei de pleno ca carreira e que cada vez queda menos para lograr o meu soño de formarme e convertime en docente, unha labor necesaria para mellorar o mundo a través do coidado dos meus futuros e futuras alumnas.
Nos últimos anos, tras realizar varios estudos ao longo do Bachillerato, aumentou a miña interese polo Camiño de Santiago, entre moitas cousas, no tocante a súa historia. Sen embargo, o punto de partida deste blog atópase no dito de que o Camiño de Santiago é o camiño da vida. 
E por iso que, tras a pantalla dos vosos dispositivos, atopámonos tres xóvenes estudantes que loitan por chegar a ser grandes docentes nun futuro, esperemos que non moi lonxe, Nerea, Daniel e máis eu. Vós vades ser partícipes dos nosos primeiros pasos e vades a ser unha parte fundamental para que este blog teña o éxito que esperamos, pois como ben indica o seu propio título, non buscamos soamente dar a coñecer o Camiño de Santiago, senón que a partir do Camiño cada unha das persoas que formamos parte deste blog, a medida que camiñamos xunt@s e coñecemos datos novos datos sobre o camiño, ampliamos o noso coñecemento sobre nós mesm@s, incluindo os nosos sentimentos e emocións. 
Por tanto, a partir do camiño, buscamos dar sentido ás cousas que nos rodean día tras día, comparando o Camiño de Santiago co Camiño da nosa Vida.
Espero que nos acompañedes ao longo da nosa aventura e vos guste tanto coma a nós coñecernos xunt@s, camiñantes e camiñantas.