viernes, 10 de mayo de 2019

E por fin chegamos a Santiago...



Ola camiñantes e camiñantas!


É increíble pensar que esto chegou ao seu fin, despois dun longo camiño xunt@s que a verdade, para min fíxome demasiado corto, uns cos outros conseguimos chegar ao final do camiño.

Nun primeiro momento, é de confesar que nunca me imaxinei tendo un blog, e moito menos xunto aos meus compañeiros, facendo publicacións semanais e traballando un tema (que me gustou moito e do cal aprendín moitas cousas que descoñecía), o camiño como ben dixen foi longo e en moitos momentos pareceume difícil, pero grazas á axuda dos meus compañeiros e das docentes, o camiño fíxose máis ameno.

Grazas a este proxecto aprendimos a importancia que teñen os recursos TIC para traballar na aula, así como o necesario que é un bo uso e unha boa formación en relación coas novas tecnoloxías como futura docente.

Moitas grazas por acompañarme a min e aos meus compañeiros ao longo do camiño, día tras día, estamos moi contentos de que vos gustara!

Moítisimos bicos camiñantes e camiñantas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario