Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións teóricas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reflexións teóricas. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de febrero de 2019

EXPLICACIÓN DOS RECURSOS

Bos días ou tardes a todos e todas, hoxe volto polo noso blog con máis novidades. A miña encomenda é amosarvos os recursos que empregaría cos máis cativos nas aulas de primaria, co obxetivo de fomentar o seu interese polo camino de santigo para poder coñecerse a si mesmos. 
O primeiro recurso que empregaría é un blog que narra a historia do Camiño de Santiago adaptada para nenos e nenas, ademáis de conter información complementaria do camino como a Credencial de Peregrino ou a Compostelana, entre outros. Ademáis dentro de cada apartado ainda se encontra unha maior información que facilitará o seu coñecemento. Consideramos que este blog pode aportar novos coñecementos ao alumnado como comentamos, pero a sua vez pode provocar desinterés a causa da sua extensión, polo que é necesario realizar diversas actividades a partir do blog, convertindo a información en xogos que aumenten o interés do alumnado. Pódese acceder ao blog a través da pantalla dixital interactiva permitiendo ao alumnado a sua participación.
                                             
                                                          
O segundo recurso, é un video informativo sobre os diferentes símbolos que podemos atopar ao longo do camiño, como a cuncha, o bastón ou a compostelana. Considero que é un bo vídeo, no que a través de debuxos explica un contido que pode ser atractivo para os nenos e nenas. Ademáis é importante que coñezcan os diferentes símbolos para recoñecer durante o camiño a dirección ou puntos importantes.
                
                                         
                                               

O terceiro recurso é unha app que nos permite facer o camiño virtualmente. Fusiona ficción e documental en formato de guía interactiva, grabada en entornos espectaculares. Dende a pizarra dixital o alumnado descubriría de “primeira man” as realidades do camiño e as posibilidades e vantaxas que ten.
                                       
                                             


martes, 12 de febrero de 2019

A PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA (PDI)

Hola camiñantes e camiñantas!


Nesta nova entrada realizarei unha breve reflexión do proxecto elexido para levar a cabo o blog, neste caso como ben indica o título "A pizarra dixital interactiva". Para iso, contei co apoio de diferentes recursos os cales me aportaron a información necesaria para valorar a importancia do emprego deste proxecto dentro das aulas.
Nun primeiro momento, pódese definir o concepto de "Pizarra Dixital Interactiva" como ao conxunto tecnológico formado por unha pantalla táctil, un ordenador y un proxector que permite o seu uso interactivo nas aulas dos colexios, e a súa vez, a visualización global dos contenidos.
Por tanto, tras visualizar os recursos, atopei diversas vantaxes á hora do emprego deste proxecto como por exemplo: permite proxectar os contenidos dixitales nun formato idóneo para a visualización en grupo, á vez que o alumnado pode interactuar directamente sobre a proxección, polo que consiste nunha superficie interactiva; os diferentes contenidos poden tratarse de xogos interactivo e didáctico relacionados cunha asignatura determinada; e ademais, o emprego da pizarra dixital interactiva permite unha enseñanza didáctica e dinámica, que fomenta a súa vez a participación e motivación do alumno ou alumna.
Por tanto, como podemos observar, a Pantalla Dixital Interactiva conta con variados beneficios, que axudan principalmente ao incremento do interés do alumno ou alumna e pode chegar a mellorar os resultados académicos, pois pode chegar a motivar ao alumnado á hora de realizar as tarefas propostas polo profesorado, así como exposicións, nalgúns casos. Sen embargo, para iso é necesaria unha boa formación do profesorado actual, ao mesmo tempo que tamén é necesario implantar estes proxectos nas aulas pois cpoden conseguer que as clases sexan máis fáciles e entretenidas para os rapaces e as rapazas.

A PIZARRA DIXITAL (PDI)

Despois de visualizar todos os contidos que se nos facilitaron para realizar esta entrada intentarei contar o que son, baixo o meu punto de vista, as vantaxes de usar a pizarra dixital nunha aula de educación primaria.

Pois ben, en primeiro lugar temos que falar do gran repertorio de actividades que poden realizar a través dela, como poden ser dende xogos, ata exercicios prácticos dalgunha asignatura impartida en clase. Os nenos e nenas terían a oportunidade de usala para realizar diversas tarefas que o/a docente lle ordenara, e así, dalgunha forma, mesturamos a tecnoloxía, tan importante hoxe nas nosas aulas, co tema referente que se esté traballando nese momento en clase.

Outra gran vantaxe que debemos destacar é o espírito motivador que conleva usar un aparello dixital como a PDI en clase, xa que fai que as horas de tarballo se fagan máis dinámicas e polo tanto menos pesadas para nenos e nenas de tan curta idade.

Polo tanto, podemos afirmar, que o uso da PDI nas aulas produce moitos beneficios, non só a nivel contidos, que son case inesgotables, senón a nivel motivación e aprendizaxe nos máis pequenos e nas máis pequenas.