domingo, 5 de mayo de 2019

Crea as tuas actividades para traballar na PDI

Hola a todos e todas, hoxe traémosvos ferramentas e actividades para a aula!!

Educaplay é unha plataforma que permite crear actividades educativas multimedia, como por exemplo adivinanzas, ditados, crucigrama, etc. Unha boa ferramenta para que os estudantes aprendan xogando. 

Realmente o importante desta plataforma é o uso do profesorado, xa que se o docente activa a súa imaxinación e acordo cos contidos da aula, permite que o alumnado aprenda ducha forma divertida.


Con Educaplay realizamos duas actividades:


  • Ruleta de palabras - consiste nun rosco de palabras relacionado cos seres vivos que podemos atopar durante a realización do camino de Santiago. Esta actividade permitiría a realización da seguirte estrategia cooperativa.  Supoñendo que a aula conta con 24 alumnos e alumnas, faríamos 6 grupos de catro, poñeríamos na PDI o rosco e por grupos deberían adiviñar a resposta correcta. Preme na imaxe e accede a actividade:
                                        

  • Relacionar- Consite nunca actividade na que teñen que relacionar un dos reinos dos seres vivos cos propios seres vivos, como animais ou plantas. Preme na imaxe e accede a actividade:
                                                

A seguinte ferramenta que empregamos foi  www.jigsawplanet.com ,  permítenos crear puzzles con diferentes imaxes. Neste caso escollimos unha da catedral de Santiago de Compostela. Consideramos que os Puzzles son unha actividade ca que fomentamos a autoestima, a imaxinación, a concentración, a visión espacial e habilidades matemáticas. Preme na imaxe e accede a actividade :

                                               



A última ferramenta escollida é educima.com, plataforma que permítenos crear crucigramas, sopa de letras e cuantiosas actividades máis. Ademais, podemos imprimir posteriormente se non queremos facer a actividade de forma interactiva na PDI. Preme na imaxe e accede a actividade:
                                   






sábado, 4 de mayo de 2019

Actividades para realizar na aula!


Hola a todxs!
Hoxe traio conmigo un par de actividades, relacionadas co Camiño de Santiago, para empregar como recurso para a aula. Aínda que tamén, ao ser interactivas, o alumnado pode realizalas individualmente ou en familia no seu fogar.

Para realizar estas primeiras actividades, empreguei como ferramenta "educaplay". Esta é un portal de Internet, a cal permite realizar sinxelas actividades e evaluación de forma on-line e que permite integrar outras ferramentas en línea. 

Os dous modelos de actividades creados foron os seguintes:
  • Ditado: esta actividade consiste en escribir de forma exacta o texto que se redacta no audio da actividade. Nestecaso, o texto que terán que realizar os alumnos e alumnas é sobre a lenda da pantasma da Quintana. E, a partir dela, contestarán ao Quiz de Kubbu, para observar se o contido foi entendido correctamente.

  • Relacionar mosaicos: esta actividade permite ao alumnado relacionar os elementos explicados anteriormente sobre o Camiño de Santiago. Ademais, nalgúns casos pode darse a situación de que algúns destes elementos non fosen explicados, polo que obrigará ao alumnado a ter que razoar a súa resposta. É un divertido xogo no que se aprende a relacionar unha determinada fotografía cunha definición desta. Con todo, esta actividade poder ser realizada con facilidade dentro do proxecto elixido, é dicir, é unha actividade que pode ser fácilmente realizada en grupos ou individualmente a través da Pizarra Dixital Interactiva. Ademais, amén pode servir como actividade complementaria para o alumno ou alumna repase o aprendido ou aumente os seus coñecementos sobre o tema a tratar.

Para as seguintes actividades, empreguei outras dous ferramentas diferentes:

A segunda ferramenta empregada foi "Kubbu", a cal é un xerador gratuito de crucigramas, cuestionarios... Son actividades didácticas que permiten trasladar o papel ao traballo online, polo que é moi útil para o seu emprego virtual.
  • Slider: é unha especie de "quiz" dinámico que contén tres tipos de actividades. Neste caso, as preguntas do test estarán relacionadas ca actividade anterior do ditado, pois a partir desta, o profesorado poderá ver se o alumno/a prestou atención ou non á actividade e se comprendeu o seu contido, así como os diferentes conceptos tratados.

Por último, a derradeira ferramenta empregada foi www.jigsawplanet.com co obxectivo de realizar un puzzle, neste caso, relacionado cos seres vivos que podemos atopar durante o Camiño de Santiago. É un puzzle que se pode realizar fácilmente na aula a través da Pantalla Dixital Interactiva (PDI), polo que é moi boa idea o seu emprego para levar a cabo o noso proxecto.




miércoles, 10 de abril de 2019

Aprende Xogando !

Ola a todxs !!
E se facemos un xogo? Que vos parece traballar o Camiño con robots? Parece irreal!!
Deixámosvos aquí un pequeno tutorial sobre como realizar esta actividade na aula, preme na imaxe e o contrasinal é camiña.




martes, 9 de abril de 2019

Crea o teu videoclip músical !!

Bos días, boas tardes e boas noites, dependendo do momento do día no que estés lendo isto!
Hoxe traémosvos unha nova actividade moi divertida e lúdica para traballar cos máis cativos e cativas: a realización dun videoclip!
Non é tarefa sinxela, non soamente teredes que saber cantar, senón compoñer a letra acerca do Camiño de Santiago, así como as emocións e sentimentos que poderedes vivir no traxecto.

Nós xa fixemos o noso, queredes velo? entre no seguinte enlace premendo na imaxe, o contrasinal é camiña:




miércoles, 3 de abril de 2019

Os símbolos do Camiño !!

Ola!! que tal estades, traémosvos un novo recurso para utilizar na aula, esta vez un video co que podedes traballar os diferentes símbolos que atoparedes no camiño e os diferentes sentimientos para coñecerse a un mesmo .

Preme na imaxe para visualizar o video, o contrasinal é camiña:
 
                                           



A nosa WebQuest !!

As WebQuest son un conxunto de actividades de aprendizaxe que se levan a cabo empregando recursos de Internet preseleccionados polx docente, de maneira que o/a estudante se enfoque no uso dos recursos e non da busca.
Polo tanto, o valor pedagóxico das WebQuest é recoñecido por moitxs docentes ao arredor do mundo.
Hoxe traémosvos unha WebQuest na que se desenvolve unha tarefa atractiva que parte de diferentes recursos atopados en Internet, a cal esperamos que realicedes dunha forma dinámica e divertida.

Deixámosvos o enlace. Preme na imaxe seguinte:


https://sites.google.com/s/1LmvNCVKzbFWjskAqGb2X7xPypR87HgFV/p/1clY-FVjiaJ9yeeFzAQ2w-6Ia8d0MbU9j/edit

miércoles, 20 de febrero de 2019

Póster Interactivo!

Ola a tod@s!

Esta vez estamos os tres xuntos para presentarvos o noso póster no cal podedes atopar diferentes ferramentas para interactuar cos vosos alumnos e alumnas na aula.
Neste póster, ademais, podedes atopar un código Qr para que podades entrar en calquer momento no noso blog e unha nube de palabras na que se ampliades se poden observar os diferentes obxectivos que queremos facervos chegar.
Esperamos que vos guste.

Ata a próxima!!