miércoles, 20 de febrero de 2019

Póster Interactivo!

Ola a tod@s!

Esta vez estamos os tres xuntos para presentarvos o noso póster no cal podedes atopar diferentes ferramentas para interactuar cos vosos alumnos e alumnas na aula.
Neste póster, ademais, podedes atopar un código Qr para que podades entrar en calquer momento no noso blog e unha nube de palabras na que se ampliades se poden observar os diferentes obxectivos que queremos facervos chegar.
Esperamos que vos guste.

Ata a próxima!!


Búsqueda de recursos!

Hola camiñantes e camiñantas!

Hoxe toca dar paso a unha nova entrada esta semana, neste caso, proporcionareivos distintos recursos atopados tras unha longa búsqueda.
Estos recursos, os cales pódense complementar fácilmente co proxecto PDI mencionado en entradas anteriores, os empregariamos co noso alumnado dentro da aula co obxectivo de fomentar o seu interese e a súa motivación, á vez que permitiríamos incrementar a perspectiva participativa e interactiva das nosas alumnas e alumnos.

O primeiro recurso que atopei foi un libro dixital de nome “Sophie en el camino”, no que a pequena protagonista narra a súa propia experiencia de maneira didáctica, a medida que mostra as distintas etapas do camiño. Por tanto, permite coñecer as diferentes etapas do camiño, así como unha experiencia propia, neste caso da protagonista do libro. Todo esto, ao mesmo tempo que permite que o alumnado, a medida que aumentan o seu coñecemento, interactúen e participen grazas ao empreo da pantalla dixital interactiva. Considero que este é un bo recurso, pero debido a su extensión, é necesario dividir as etapas do libro en semanas, co obxectivo de fomentar o interés. Tamén confío en que será atractivo para os alumnos e as alumnas interactuar co libro a partir do emprego de dito recurso a partir da pantalla dixital.



En canto o segundo recurso, foi tamén un libro a partir do cal coñeceremos información acerca das lendas, así como dos contos que se narran sobre o Camiño de Santiago. Permite así, coñecer ampliamente curiosidades acerca deste. Este libro, ao contrario do anterior, non é interactivo pero sí permite a súa lectura e visualización global a partir da pantalla dixital interactiva. Por tanto, este libro permite levar a cabo o noso proxecto inicial, pois se pode mostrar na pantalla dixital interactiva, permitiendo así que o alumnado realice a lectura de dito libro en voz alta e participe activamente na actividade proposta. En resumen, é un libro que permite ao alumnado coñecer diferentes lendas e contos acerca del camino, o que puede aumentar a súa interese por el tema. Además, fomenta o gusto pola lectura non soamente dentro da aula, senón tamén fóra dela.



Finalmente, o terceiro recurso é un blog "¡Hacemos el Camino de Santiago!" dunha mestra de Educación Física no C.P. Ntra. Sra. de Fátima de Molina de Segura, Murcia, que presenta un artículo destinado a unha sesión para primaria, donde o eixe conductor é O Camiño de Santiago, pretendendo aficionar ao alumno/a na práctica de actividades na natureza para que ocupen o seu tempo libre, mantendo relacións de colaboración e igualdade cos demais. As actividades que contén este recurso poden ser realizadas no proxecto elexido, pois a sopa de letras, por exemplo, pode ser visualizada e realizada a partir da participación do alumnado coa pantalla dixital interactiva. Esto permite a participación e interacción activa dentro da aula, complementando estas actividades con outras realizadas individualmente. Por tanto, este blog permite un fácil acceso para o alumnado, además de que contén interesantes actividades como unha sopa de letras, unha breve obra de teatro, puzzles, entre outras moitas. Esto da lugar a que o contido incremente a participación dos nenos e nenas así como o seu interese no tema e o seu contacto co medio físico. Cabe destacar ademais que a valoración global deste recurso é bastante positiva, pois permite dividir as distintas actividades en diversas sesiones.



Espero que vos sirva de axuda para aumentar o voso coñecemento acerca do Camiño de Santiago. Non dudes en coñecer máis sobre o camiño da vida camiñante e camiñanta. 

Vémonos moi pronto!!











Recursos para facilitar o noso camiño!

Hola meus pequeniños e miñas pequeniñas, hoxe toca explicar os recursos que decidín utilizar, ben porque me pareceron atractivos e dinámicos, así como interesantes para traballar na aula.

En primeiro lugar elexín unha páxina web a través da cal traballamos as diferentes asignaturas do curso a través do camiño de Santiago. Isto é algo moi positivo na aula xa que a dinámica da clase cambiaría totalmente e os nenos e nenas poden experimentar o camiño sen perder o ritmo das asignaturas.




A continuación, trataremos un mapa didáctico a través da PDI, a través do cal os alumnos e as alumnas poden coñecer as diferentes rutas do camiño, así como algunhas experiencias vividas e outros aspectos importantes como a arte. É un recurso importante, xa que aumenta as ganas de coñecemento dos nenos e nenas, e o seu interese sobre o tema a tratar. Trátase dun recurso dinámico, e os cativos e cativas disfrutaran iso, xa que así poden despexar un pouco da clase monótona de contidos á que están acostumados.





Por último, escollín un caderno de traballo que contén actividades diversas sobre a temática do camiño e que motiva a participación do alumnado na aula, a través del poden reforzar a comprensión lectora entre outros ámbitos lingüísticos e sería un gran recurso para usar a pizarra dixital, tanto para a lectura dos textos como para a realización de actividades, o que motivaría en gran medida a súa utilización debido ao entusiasmo e á dinámica que contén.




E con isto remata esta entrada, espero que vos guste tanto como a min estes recursos e que sigades con unhas ganas enormes de camiñar con nós! 

Moitos biquiños meus pequeniños e miñas pequeniñas.

jueves, 14 de febrero de 2019

EXPLICACIÓN DOS RECURSOS

Bos días ou tardes a todos e todas, hoxe volto polo noso blog con máis novidades. A miña encomenda é amosarvos os recursos que empregaría cos máis cativos nas aulas de primaria, co obxetivo de fomentar o seu interese polo camino de santigo para poder coñecerse a si mesmos. 
O primeiro recurso que empregaría é un blog que narra a historia do Camiño de Santiago adaptada para nenos e nenas, ademáis de conter información complementaria do camino como a Credencial de Peregrino ou a Compostelana, entre outros. Ademáis dentro de cada apartado ainda se encontra unha maior información que facilitará o seu coñecemento. Consideramos que este blog pode aportar novos coñecementos ao alumnado como comentamos, pero a sua vez pode provocar desinterés a causa da sua extensión, polo que é necesario realizar diversas actividades a partir do blog, convertindo a información en xogos que aumenten o interés do alumnado. Pódese acceder ao blog a través da pantalla dixital interactiva permitiendo ao alumnado a sua participación.
                                             
                                                          
O segundo recurso, é un video informativo sobre os diferentes símbolos que podemos atopar ao longo do camiño, como a cuncha, o bastón ou a compostelana. Considero que é un bo vídeono que a través de debuxos explica un contido que pode ser atractivo para os nenos e nenas. Ademáis é importante que coñezcan os diferentes símbolos para recoñecer durante o camiño a dirección ou puntos importantes.
                
                                         
                                               

O terceiro recurso é unha app que nos permite facer o camiño virtualmente. Fusiona ficción e documental en formato de guía interactiva, grabada en entornos espectaculares. Dende a pizarra dixital o alumnado descubriría de “primeira man” as realidades do camiño e as posibilidades e vantaxas que ten.
                                       
                                             


martes, 12 de febrero de 2019

A PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA (PDI)

Hola camiñantes e camiñantas!


Nesta nova entrada realizarei unha breve reflexión do proxecto elexido para levar a cabo o blog, neste caso como ben indica o título "A pizarra dixital interactiva". Para iso, contei co apoio de diferentes recursos os cales me aportaron a información necesaria para valorar a importancia do emprego deste proxecto dentro das aulas.
Nun primeiro momento, pódese definir o concepto de "Pizarra Dixital Interactiva" como ao conxunto tecnológico formado por unha pantalla táctil, un ordenador y un proxector que permite o seu uso interactivo nas aulas dos colexios, e a súa vez, a visualización global dos contenidos.
Por tanto, tras visualizar os recursos, atopei diversas vantaxes á hora do emprego deste proxecto como por exemplo: permite proxectar os contenidos dixitales nun formato idóneo para a visualización en grupo, á vez que o alumnado pode interactuar directamente sobre a proxección, polo que consiste nunha superficie interactiva; os diferentes contenidos poden tratarse de xogos interactivo e didáctico relacionados cunha asignatura determinada; e ademais, o emprego da pizarra dixital interactiva permite unha enseñanza didáctica e dinámica, que fomenta a súa vez a participación e motivación do alumno ou alumna.
Por tanto, como podemos observar, a Pantalla Dixital Interactiva conta con variados beneficios, que axudan principalmente ao incremento do interés do alumno ou alumna e pode chegar a mellorar os resultados académicos, pois pode chegar a motivar ao alumnado á hora de realizar as tarefas propostas polo profesorado, así como exposicións, nalgúns casos. Sen embargo, para iso é necesaria unha boa formación do profesorado actual, ao mesmo tempo que tamén é necesario implantar estes proxectos nas aulas pois cpoden conseguer que as clases sexan máis fáciles e entretenidas para os rapaces e as rapazas.

A PIZARRA DIXITAL (PDI)

Despois de visualizar todos os contidos que se nos facilitaron para realizar esta entrada intentarei contar o que son, baixo o meu punto de vista, as vantaxes de usar a pizarra dixital nunha aula de educación primaria.

Pois ben, en primeiro lugar temos que falar do gran repertorio de actividades que poden realizar a través dela, como poden ser dende xogos, ata exercicios prácticos dalgunha asignatura impartida en clase. Os nenos e nenas terían a oportunidade de usala para realizar diversas tarefas que o/a docente lle ordenara, e así, dalgunha forma, mesturamos a tecnoloxía, tan importante hoxe nas nosas aulas, co tema referente que se esté traballando nese momento en clase.

Outra gran vantaxe que debemos destacar é o espírito motivador que conleva usar un aparello dixital como a PDI en clase, xa que fai que as horas de tarballo se fagan máis dinámicas e polo tanto menos pesadas para nenos e nenas de tan curta idade.

Polo tanto, podemos afirmar, que o uso da PDI nas aulas produce moitos beneficios, non só a nivel contidos, que son case inesgotables, senón a nivel motivación e aprendizaxe nos máis pequenos e nas máis pequenas.

lunes, 11 de febrero de 2019

A PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA

Para realizar esta entrada, baseeime en diferentes recursos co fin de informarme sobre a elaboración e importancia dunha secuencia didáctica baseada na pizarra dixital interactiva. 
É importante a diferenciación entre a  PD e PDI, xa que a PDI permite unha interacción directa sobre a pizarra e editar actividades interactivas ou capturar imaxes.
Ademais, son moitos os beneficios que achega unha PDI na aula, xa que é unha fonte inesgotable de información, introduce canles de comunicación e interacción entre o profesorado e alumnado, máis  motivador xa que son clases máis activas e audiovisuais. Con todo, a iniciativa da actividade que se realiza coa PDI tena o docente, aínda que o alumno responda as súas preguntas, pero presenta outras posibilidades como prescribir traballos de reforzo a algúns alumnos que o requiran ou mesmo responder preguntas en grupo.
Tamén consiste nun apoio fundamental nas exposicións dos alumnos, onde poden  exemplificar as súas explicacións.
Tras diferentes investigacións comparando resultados con pizarra dixital, extráense diversas conclusións: como que é necesario asegurar unha boa formación do profesorado en didáctica coa pizarra dixital, xa que se é ben utilizada contribúe a mellorar as aprendizaxes dos estudantes en xeral.